Teatro

Etiquetas:
23/02/2019

No Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, poranse á venda anticipada do 26 de febreiro ao 1 de marzo as entradas para asistir a Os mellores monólogos, de Carlos Blanco, que se poderá ver na cidade do Landro o 9 de marzo ás 20:30 horas. 

O horario para a venda das entradas será de 9 a 14 horas. 

Etiquetas:
22/02/2019

A compañía Elefante Elegante presenta este sábado, 23 de febreiro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, a obra Patapatúm. A representación dará comezo ás 18:00 horas e está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos.

Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre país e fillos. Conta como os país e as nais adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes aos seus fillos e ocupacións permanentes para que non se aburran, pero o aburrimento non é sempre negativo e pode desenvolver a súa creatividade. Por outra banda pode acontecer que eses obxectos materiais intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para dedicar aos seus fillos.  

 

14/02/2019

A delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 16 de febreiro, a actuación do grupo de teatro A Adala Infantil, que poñerá en escena a obra titulada Que cousas pasan no Camiño. 

A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, ás 19:30 horas.
A función está dirixida a todos os públicos.

Etiquetas:
14/02/2019

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, 16 de febreiro, a representación da obra "Frankenstein. No soy un monstruo", a cargo de Pata Teatro. A función dará comezo ás 18:00 horas.

Trátase dunha comedia, dirixida a nen@s de 6 a 12 anos, que é unha versión libre da obra clásica de Mary Shelley máis centrada na humanidade do personaxe, na pureza e nobreza da creación do doutor Frankenstein.

En 2018 celebrouse o 200 aniversario da publicación da novela de Mary Shelley.

 

Etiquetas:
11/02/2019

O local da Asociación Cultural O Castro, de Vilaronte, acollerá o estreo da obra titulada Un divorcio no pobo, do grupo de teatro Axóuxeres, desta mesma parroquia focense. Será o día 23 deste mes, sábado, ás 21:00 horas.

A obra está dirixida por Benito García Bolaño e a súa estrea en Vilaronte está organizada pola Asociación Cultural O Castro coa colaboración do Concello de Foz.

 

08/02/2019

O grupo Centro Teatral Faro-Miño actuará este domingo, 10 de febreiro, en Barreiros, onde porá en escena a obra Langreira de amor.

A representación terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 18:00 horas. Trátase dunha obra cómica para todos os públicos.

Está organizada polo Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil-Biblioteca.

 

07/02/2019

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle a representación de Redrum Teatro que porá en escena a obra "A canción do elefante". Será este sábado, 9 de febreiro, ás 20:30 horas.

Trátase dun thriller psicolóxico que conta a historia dun psiquiatra que desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

O reparto artístico está composto por Guillermo Carbajo, Machi Salgado e Patricia Vázquez, baixo a dirección de Alex Sampayo.

 

Etiquetas:
31/01/2019

A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa unha representación de teatro infantil para este sábado, 2 de febreiro. Será ás 18:30 horas na Sala Bahía.

A compañía Elefante Elegante representará Patapatúm, que é un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cun forte compoñente plástico e musical. Propón unha reflexión sobre a presenza de bens materiais nas relacións entre pais e fillos.

O prezo da entrada é de 2,5 euros, pero os menores de 12 anos terán que pagar só 1,5 euros.

 

Etiquetas:
29/01/2019

O grupo Chévere presenta a obra Eroski Paraíso este domingo, 3 de febreiro, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 20:00 horas. O prezo da entrada é 5 euros para o público xeral, e 3€ para estudantes, e persoas desempregadas ou xubiladas.

Trátase da primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. A historia comeza na sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, onde se coñeceron Eva e Antonio que, despois de casar, emigraron e tras dar tombos dun lado a outro, atopamos como vintecinco anos despois Eva, de novo en Muros, coida do seu pai e traballa no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas, mentres Antonio está en Canarias.

O elenco de actores está composto por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel...

leer más
Etiquetas:
27/01/2019

O xoves, 31 de xaneiro, terá lugar no Cenima, en Foz, un acto sobre “O teatro de Manuel María”. O seu inicio está previsto para as 20:30 horas. 

Está organizado pola Pomba do Arco e no mesmo participarán Pilar García Negro e Alberte Ansede.