Teatro

Etiquetas:
11/12/2019

Este sábado, 14 de decembro, terá lugar en Ribadeo un concerto do grupo Lagunak. Será no Cine Teatro ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros. Este grupo fará ademais unha visita á nova residencia de maiores, ese mesmo sábado ás 18:00 horas.

O domingo, 15 de decembro, o grupo Palimoco Teatro presentará Queres que cho conte?. Haberá dúas actuacións, unha na Residencia de Maiores ás 12:00 horas; e outra no Auditorio Municipal ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

Trátase de oito contos da nosa tradición oral recollidos pola provincia de Lugo e protagonizados por animais, algunha persoa e elementos como o vento, a auga e o lume. A posta en escena do espectáculo conta con cinco intérpretes que, a través da lectura dramatizada apoiada nas músicas orixinais compostas para este proxecto, lévanos a un...

leer más
Etiquetas:
06/12/2019

O xurado do III Certame de Teatro Concello de Lourenzá, formado por Ana María Díaz Díaz, Miguel Gavín Sánchez, Javier Huertas Otero, María Cruz Valea López e presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, deu a coñecer as obras, actrices e actores que optan aos distintos premios que se concederán na gala que se celebrará o día 14 deste mes, sábado, ás 20 horas na carpa situada no Campo dos Bolos. Ao remate da gala o actor Sergio Pazos interpretará o monólogo Rebento se non o conto. A entrada é gratuíta.

Os elixidos son estes:

PREMIO CONDE SANTO Á MELLOR REPRESENTACIÓN:

          A última cea, de Fauna 113
          Fuga, de Gargallada Teatro
          A Lola, de Avelaíña Teatro

PREMIO LOURENZO AO MELLOR ACTOR:

... leer más
03/12/2019

Este sábado, 7 de decembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Talía Teatro presenta a obra Vida de cans. A función dará comezo ás 20:30 horas.

A obra, escrita e dirixida por Cándido Pazó, conta a historia de tres cans que están recluídos nun recinto que lles acondicionou o seu amo. Fora está a liberdade, cos seus acougos, as súas incertezas e os seus problemas pero liberdade ao fin. Cada un afronta o conflito segundo a súa personalidade, e todo vai cara a unha traxedia que non deixa de ser comedia.

O elenco artístico está formado por Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo.

 

Etiquetas:
27/11/2019

A axenda cultural para este fin de semana en Burela ofrece a actuación do grupo de teatro local O Torques e o Festival de Danza e Música Tradicional organizado por Ledicia. O venres 29 ás 21:00 horas na Casa da Cultura, O Torques porá en escena Cea de familia. O concelleiro de Cultura, José Díaz, aposta tamén pola creación dun grupo infantil de teatro. E o sábado 30 ás 19:00 horas celebrarase o Festival de Danza e Música Tradicional de Ledicia. O edil de Cultura fai unha chamada á participación nestes eventos da vindeira fin de semana.

José Díaz anunciou que “este fin de semana en Burela temos dous eventos, ambos gratuítos. O sábado 30, ás sete da tarde, a Sociedad Cultural Recreativa Ledicia organiza, unha vez máis, o Festival de Danza e Música Tradicional como xa ven facendo os últimos anos, con moita presenza de público. É unha...

leer más
Etiquetas:
25/11/2019

Este sábado, 30 de novembro, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, Baobab Teatro presenta Mai Mai. A función, dirixida a nen@s a partir de 5 anos, dará comezo ás 18:00 horas.

Mai Mai é a historia do ultimo oso panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global. Unha muller, emprendedora e moi revolucionaria, e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último oso panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas para sobrevivir. Unha historia que plasma o empoderamento da muller e fai meditar sobre o que estamos a facer co noso planeta.

Tamén no Teatro Pastor Díaz o domingo, 1 de decembro, ás 19:00 horas, actuará o monologuista Miguel Lago. Neste espectáculo presenta as súas mellores bromas e estreará...

leer más
22/11/2019

Comeza o Programa Buxiganga en Xove coa actuación do grupo Pico do Castro de Foz; este grupo afeccionado vai por en escena a obra Matías está tolo, mañá sábado, 23 de  novembro, a partires das 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Obra con entrada libre e gratuíta. 

O Programa Buxiganga está organizado e coordinado pola área de Cultura da  Deputación de Lugo, contando coa  colaboración do noso Concello. 

E o domingo, día 24, chegará a Xove Teatro Ghazafelhos con Iriña Bailarina. Esta segunda obra pertence á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Para todos os públicos, pero en especial para nenos e nenas de 3 a 10 anos, vai se por en escena o domingo, 24 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.

Esta obra, polo seu contido, está...

leer más
21/11/2019

O grupo focense Adala de Fazouro representará este venres, 22 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, a obra Comeza a función. A función, organizada pola Concellería de Cultura, está destinada ao público familiar, a entrada será libre e dará comezo ás 21:00 horas.

A historia está ambientada nos anos 40, nunha aldea onde dous veciño lévanse moi mal e un día ao saír da igrexa rompen a pía da auga bendita. Ante a esixencia do cura de facerse cargo do arranxo, decidiron montar unha función de teatro para recadar fondos. Tras asinar unha tregua, contar coa colaboración dos veciños e superar varios atrancos, son quen de sacar a obra de teatro adiante con máis éxito do esperado.

E o sábado, día 23, A Adala infantil presentará Que pasou no camiño a partires das 18 horas na Casa da Cultura. 

 

21/11/2019

Esta fin de semana haberá representacións do certame de teatro Concello de Lourenzá o sábado e o domingo.

Fauna 113, grupo gañador na edición pasada do certame, actuará este sábado, día 23, ás 20:30 horas. Porán en escena a obra A última cea. E o domingo ás 20:00 horas tócalle Matabelas Teatro, de Teo, representará a obra A estraña familia.

 

19/11/2019

O vindeiro domingo, 24 de novembro, haberá teatro en Barreiros. O grupo Faro Miño representará “Sintrón nin són”. Trátase dunha obra cómico-satírica sobre a realidade sanitaria galega, a través da retranca e da retórica galegas. 

A representación terá lugar ás 18 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. 

A actividade enmárcase no proxecto teatral Buxiganga, da Deputación de Lugo. Colabora coa institución provincial o Concello de Barreiros. 

 

Etiquetas:
18/11/2019

Este domingo, día 24 de novembro, haberá dúas representacións teatrais no concello de Foz.

Na Casa da Cultura focense ás 18:30 horas porase en escena unha obra de teatro infantil de marionetas a cargo de Trécola, que ofrecerá Xogo Revolto. Está organizado pola Delegación de Muller, Igualdade e Inmigración do Concello de Foz.

E na parroquia de Cordido ás 18:00 horas o grupo Axóuxeres, de Vilaronte, representará a obra Un divorcio no pobo, de Tito Casado Agudin e coa dirección de Benito García Bolaño. Forma parte do ciclo Teatro nas parroquias.

Ademais este sábado, día 23 de novembro, ás 20:00 horas na Sala Bahía terá lugar o evento para elixir o rei ou raíña de Entroido de Foz 2020. O voto do público contará un 40 por cento e haberá música con DJ e churrasco con pan, viño ou refresco a 10...

leer más