Teatro
O colectivo cultural Ollomao representará este sábado, 1 de febreiro, na Casa da Cultura de Burela a obra Enciclopedia Álvarez. Será ás 21:00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros.
Enciclopedia Álvarez é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda deseducación da escola franquista. É unha invitación ao sorriso, sobre todo porque nos fala dun pasado aparentemente afastado da nosa realidade actual.
A obra, dirixida por Ramón Casas Oroza, foi a gañadora do premio Conde Santo á mellor representación no I Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá en outubro de 2017; e recibiu o premio ao Mellor Actor Protagonista para Juan de Culán, e á Mellor actriz protagonista para Marisa Freire. Tamén foi a obra gañadora á mellor montaxe nos XXI Encuentros Teatrales IES Elisa y Luis Villamil-...
leer másO grupo de teatro A Adala Infantil representará en Cervo a obra Que cousas pasan no Camiño.
A actuación terá lugar o domingo, 26 de xaneiro, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello de Cervo. A entrada é libre.
Esta é a segunda obra que interpretan sobre os escenarios os novísimos actores do grupo de Foz e que presentaron xa hai máis dun ano.
O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.
El Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acogerá un espectáculo de magia el día 1 de febrero, a las 18:30 horas, con la actuación de Kiko Carrolo.
La representación está recomendada para todos los públicos.
La venta anticipada de entradas es en África Copias, Grafity y La Dekada. El precio es de 3 euros y el mismo día de la actuación se abrirá la taquilla una hora antes del inicio del espectáculo.
O grupo teatral O Centiño, de San Martiñon, presentará a súa última obra El Guindilla, na parroquia focense de Marzán este sábado, 18 de xaneiro.
A representación terá lugar no local social do Pradovello, onde ten a súa sé a asociación cultural O Torques, e dará comezo ás 20:00 horas.
O Concello continúa coas súas actividades de Nadal. Deste xeito, mañá venres, 3 de xaneiro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, haberá unha función dobre de teatro a cargo dos membros de Aspanane de Viveiro.
O grupo de teatro de Aspanane vai representar dúas obras: Cegos e o elefante e O pícaro de Viveiro.Esta última xa figurou no programa do Nadal do pasado ano, pero foi cancelada debido á enfermidade dalgún dos seus compoñentes. Pois ben, este ano teremos dobre disfrute con este fantástico grupo.
Lóxicamente, desde o Concello invitan a todas as persoas da Mariña a que asistan a esta dobre e estupenda función de teatro en Xove.
Manuel Manquiña presentará Relatos Negros mañá, venres, no auditorio municipal de Burela. O humorista galego era un dos poucos que faltaba por pasar pola vila, segundo o concelleiro de Cultura, José Díaz, que anima a que ninguén se perda este espectáculo. As entradas seguen á venda online en ataquilla.com con oferta estes días de dúas por unha.
O edil burelés dixo que “este viernes, 27 de diciembre, a las nueve de la noche tendremos en el auditorio municipal de Burela la presencia y la actuación de Manuel Manquiña. Es uno de los actores y humoristas gallegos que nos faltaba por traer al auditorio de Burela, en los últimos cinco años. Ya lo intentamos en otras ocasiones, no fue posible, y ahora sí que lo tendremos aquí”.
José Díaz cre que “era importante que también él estuviera al igual que otros muchos cómicos...
leer másEste venres, 27 de decembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro actuará Teatro Cubo que presentará a obra Nube nube sol. Haberá dúas funcións, ás 17:00 e ás 18:30 horas.
A obra está dirixida ao público infantil con idades de 0 a 4 anos e ten unha duración de 40 minutos.
A representación conta como as nubes chegan, chove, sae o sol e á natureza esperta para encherse de cores. Ao amparo dos paraugas, os protagonistas atopan agocho, cantan, bailan e, acompañados de pintorescos animais, son parte da mesma paisaxe. Nube nube sol mete de cheo ao espectador na diversión e na aprendizaxe de todo o que o sol e a choiva provocan na súa contorna. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música, Teatro cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.
O...
leer másO grupo Gargallada, de O Barco de Valdeorras, coa súa obra Fuga foi o gañador do premio á mellor representación na terceira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, dotado con 750 euros.
O mesmo grupo de O Barco tamén levou o premio ao mellor actor de reparto, Manuel Caramés. Fauna 113, de Vigo, acadou o premio á mellor posta en escena e o premio Ana á mellor actriz, para Iris Darriba. O premio Lourenzo ao mellor actor foi para Xulio Leal, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra. Paula Díaz, de Carauta Teatro, de Santiago, acadou o premio á mellor actriz de reparto. O premio do público foi para A estraña familia, de Martabelas Teatro, de Teo. O xurado concedeu un premio especial ao vestiario e atrezo, que recaeu no grupo Touporroutou, de Foz.
Na gala de entrega de premios, que se celebrou na noite do pasado...
leer másEste sábado, 14 de decembro, ás 18:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Lucecús presenta Os libros contratacan, dentro do programa Proscenio.
É unha historia sobre a loita entre o ben e o mal e como os libros e os que habitan neles debátense entre facer o ben ou pasarse ao lado escuro. Na biblioteca da Academia Jedi, un estudante queda pechado e esquecido pola noite. O que alí faga, rodeado de libros, marcará o seu destino para sempre. Xogos, falcatruadas, cancións e moito conto serán os seus compañeiros de viaxe. O protagonista, Anakin, grazas ao seu encerro e coa axuda dos libros e das leccións dos seus mestres Jedis, sempre baseadas en contos e lendas, tratará de buscar unha solución á súa situación.
A obra, de Anxo Manoel Lamelo Fernández, está dirixida e interpretada polo propio Anxo Manoel Lamelo e...
leer más