Este sábado, 7 de decembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Talía Teatro presenta a obra Vida de cans. A función dará comezo ás 20:30 horas.
A obra, escrita e dirixida por Cándido Pazó, conta a historia de tres cans que están recluídos nun recinto que lles acondicionou o seu amo. Fora está a liberdade, cos seus acougos, as súas incertezas e os seus problemas pero liberdade ao fin. Cada un afronta o conflito segundo a súa personalidade, e todo vai cara a unha traxedia que non deixa de ser comedia.
O elenco artístico está formado por Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo.