Comeza o Programa Buxiganga en Xove coa actuación do grupo Pico do Castro de Foz; este grupo afeccionado vai por en escena a obra Matías está tolo, mañá sábado, 23 de novembro, a partires das 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Obra con entrada libre e gratuíta.
O Programa Buxiganga está organizado e coordinado pola área de Cultura da Deputación de Lugo, contando coa colaboración do noso Concello.
E o domingo, día 24, chegará a Xove Teatro Ghazafelhos con Iriña Bailarina. Esta segunda obra pertence á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Para todos os públicos, pero en especial para nenos e nenas de 3 a 10 anos, vai se por en escena o domingo, 24 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
Esta obra, polo seu contido, está incluída tamén dentro do programa que o noso Concello elaborou para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.