Teatro
Na axenda cultural para a vindeira fin de semana en Burela figura a actuación de Sergio Pazos que presentará o seu novo espectáculo Afiando con humor. Será o sábado, 26 de outubro, ás 20:30 horas. O concelleiro de Cultura, José Díaz, lembra o vínculo que o actor ten con Burela desde que fora pregoeiro da Feira do Bonito. O prezo da entrada será de 5 euros. Ademais o domingo ás 20:00 horas o Coro do Hospital de Lugo ofrecerá unha actuación na Casa da Cultura titulada O cantar da nosa lingua, con entrada de balde.
O edil de Cultura, José Díaz, contou que “esta fin de semana temos dous eventos que penso que poden resultar interesantes para a nosa xente, ambos no auditorio. O primeiro deles é a actuación de Sergio Pazos o sábado, día 26, a partir das oito e media. Este novo espectáculo chámase Afiando con humor. Sergio Pazos xa estivera o ano...
leer másO xurado do III Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá deu a coñecer o nome das oito obras seleccionadas para ser representadas durante o mes de novembro.
As elixidas son as seguintes:
- A Lola, de Avelaíña Teatro (Pontevedra).
- Fuga, de Gargallada Teatro (O Barco de Valdeorras).
- All you need is war, de O Catre Teatro (As Pontes).
- A tía Rosita, de Coles Teatro (Ourense).
- Comedia bífida, de Touporroutou Teatro (Foz).
- A última cea, de Fauna 113 (Vigo).
- A estraña familia, de Matabelas (Teo).
- Un! dous! tres!, de Carauta Teatro (Santiago).
Todos estes grupos de teatro recibirán 300 euros por participar e optarán ao premio de 750 euros que será para o que acade o Conde Santo á mellor...
leer másO grupo Trípode estrea O Muro este sábado, 19 de outubro, en Riotorto. Será ás dez da noite no centro sociocultural.
A obra fala dos muros que pechan fronteiras e camiños, que impiden a liberdade e a felicidade, en ton de comedia para atraer a atención da xente e conseguir a súa reflexión sobre a xustiza, as desigualdades, a fame, a pobreza, o egoísmo e o cinismo dos países ricos.
Os intérpretes son: Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, Alberto Níñez, Pepe Peinó (os tres componentes habituais de Trípode), Salomé Vázquez, Santiago Quirós, Matías Nicieza, Marga Fernández, Pilar Díaz, Mónica Díaz, Leni Níñez, Sergio Rego, Moncho e Rocío Sixto.
O Muro estrearase en Alaxe, no Valadouro, o 23 de novembro.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 26 de outubro, os actos do seu trinta aniversario, coa celebración dunha homenaxe a Xoán Carlos González Basanta e dunha cea conmemorativa destas tres décadas de vida da asociación.
Os actos darán comezo ás 20:00 horas do sábado, 26 de outubro, no salón de actos do colexio Martínez Otero coa posta en escena dun espectáculo teatral e musical, sobre textos literarios de Xoán Carlos Basanta, a cargo do grupo Touporroutou teatro e do músico Felipe Sánchez.
A cea celebrarase a partir das 22.00 horas no restaurante Racimo de Foz, cun menú de entrantes, arroz negro con chipiróns e gambas, tenreira asada e postre e a actuación do grupo musical Vudú.
Aquelas persoas interesadas en acudir a cea deberán retirar a súa tarxeta, antes do 23 de outubro,...
leer másO Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación da comedia Bicos de vinagre, a cargo do grupo O Batán de Foz este sábado, 12 de outubro, ás 20:30 horas.
A obra de Francisco Piñeiro González, dirixida por Mª Paz Rodríguez Silva, está dirixida a todos os públicos, e conta as relacións entre país e fillos e a desestruturación da familia tradicional. Cando os fillos marchan da casa non sempre se comportan cos país como deberían, e os país, a miúdo, empregan aos fillos como parapeto tralo que agochar os seus propios defectos.
A representación inclúese no programa Buxiganga da Deputación de Lugo.
O certame de teatro afeccionado Concello de Lourenzá consegue un récord de participación na súa terceira edición, con 21 compañías presentadas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “a esta edición presentáronse 8 compañías da provincia de A Coruña, 8 de Lugo, 3 de Pontevedra e 2 de Ourense. Nos próximos días reunirase o xurado para visionar as gravacións das obras presentadas e escoller as 8 que van ser representadas na fase final, que se celebrará os sábados e domingos de novembro”.
O Concello de Foz programa para este mes de outubro un ciclo de teatro con catro representacións, todas elas interpretadas só por mulleres. Serán os días 11, 18, 25 e 31 na Casa da Cultura ás 21:00 horas. Foi presentado hoxe, luns, polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Cultura, Héctor Moris; e a concelleira de Muller, Verónica Peña.
O venres 11 a compañía Teatro do Atlántico ofrecerá a obra Dúas donas que bailan, coas actrices María Barcala e Mari Ángeles Iglesias.
A seguinte representación será o venres 18 e correrá a cargo de Malasombra Produccións, coa obra Bernarda, que interpretarán Celia González, Luisa Marelas y Esther Aja.
O venres 25 EM2 ofrecerá A noiva de Don Quixote, con Mercedes Castro.
E o ciclo rematará o xoves 31 con Contraproduccións e a...
leer másA obra El mal de la piedra, escrita pola catalana Blanca Doménech chegará o vindeiro venres, 11 de outubro, ás 21:00 horas ao Auditorio Municipal de Burela da man da compañía arxentina El Vacío Fértil Teatro dentro da súa xira por España. Trátase dun espectáculo que trata de articular unha mirada crítica, está dirixido por Tony Lestingi e interpretado por Romina Pinto e Iván Steinhardt.
A sinopse é a seguinte: España vista dende o presente. O Val dos Caídos, monumento faraónico que Francisco Franco mandou construír rematada a guerra civil como símbolo do triunfo, estase derrubando desde o interior. Encerrada na Basílica por unha disputa entre neonazis e un grupo de memoria histórica está unha restauradora que traballa para diagnosticar o inminente desmoroamento do lugar. Ao non poder saír, Miranda vese obrigada a convivir cun garda de...
leer másO grupo teatral O Centiño de San Martiño actuará este sábado, 5 de outubro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.
O Centiño porá en escena El Guindilla, a historia dun superhéroe amante de facer xustiza e axudar aos débiles e oprimidos. El Guindilla é tamén un héroe fallón e metepatas que tan pronto as dá como as recibe. Os espectadores poderán ademais visitar os estudos de televisión de Teleparrucha, cantar as cancións de Jacky e Pinky e rirse coas pallasadas dos ladróns Triquiñuela e Carajillo.
Do 4 ao 6 de outubro terá lugar en Ribadeo a XVII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que foi presentada esta tarde pola concelleira de Cultura, Pilar Otero, e pola viúva do dramaturgo, Matilde González. Trátase dunha edición especial porque o seu inicio coincide co décimo aniversario do pasamento de Cortezón. Ata Ribadeo chegarán grupos teatrais de Castro de Rei, Palas de Rei e Vedra.
A edil ribadense dixo que “esta edición ten un carácter especial pois precisamente o día 4 de outubro hai 10 anos do pasamento do autor que homenaxeamos cada ano con esta Mostra. Estamos convencidos de que compartimos co autor de Xelmirez ou A gloria de Compostela a idea do teatro afeccionado como un piar fundamental daquel outro para o que el escribiu. En cada programa da Mostra tentamos mesturar tipos de público, tipoloxía dos textos e mesmo...
leer más