Teatro
O Concello de Lourenzá organiza unhas xornadas sobre usos e aplicación de drons, que inclúen actividades este domingo. Ese mesmo día haberá tamén teatro contra a violencia de xénero.
As xornadas sobre usos e aplicación de drons están organizadas pola Concellería de Xuventude, que dirixe Sonia Gavino, quen explica que “ primeira actividade desta iniciativa tivo lugar o pasado 26 de setembro. Está dirixida a mozos e mozas e nunha primeira parte impartíronse cuestións teóricas acerca da normativa de uso dos drons e despois desenvolveuse unha clase práctica na que os asistentes puideron probar a pilotar un dron. A segunda xornada terá lugar este domingo, 6 de outubro, enmarcada dentro da programación da Festa da Faba. Haberá un stand situado no Campo dos Bolos, no que estarán presentes diversas empresas que usan os drons para múltiples...
leer másO grupo de teatro afeccionado Obra Viva porá en escena a obra Casa Macho o domingo, 6 de outubro, ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A representación, para todos os públicos, está dirixida por Vicente Míguez Salgueiro que tamén é o autor. O elenco está formado por dezasete actores e actrices.
Narra a historia dunha familia que reflicte o desencontro ao tratar a relación interxeracional, patriarcado e denuncia machista. Trátase dunha aposta pola fala galega, denuncia social, reivindicación de valores humanos e mailo humor.
A función inclúese na programación cultural do Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, para o último trimestre do ano.
Na axenda cultural de Ribadeo para os vindeiros días figura un espectáculo de maxia para nen@s e a función teatral protagonizada por El Brujo que terá lugar o domingo, 29 de setembro.
Este xoves, 26 de setembro, terá lugar unha actividade con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer titulada O cerebro envellece e o corazón engrandece. Será no Cine Teatro ás 12:00 horas e está organizado polo centro de día A Concordia.
Tamén mañá celebrarase o acto de conmemoración do centenario do naufraxio do bote Fernando Villamil. Será no Forte de San Damián ás 17:00 horas.
O venres, 27 de setembro, haberá un espectáculo de maxia para nen@s, dentro do programa Apego, titulado Somos iguais na maxia e ofrecido por Ian & Elisa que con esta obra transmiten valores como a importancia da...
leer másRafael Álvarez “El Brujo” presenta en Ribadeo a obra Autobiografía de un Yogui. A representación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval, o domingo 29 de setembro, ás 20:00 horas.
A venta de entradas anticipada é a través de https://entradas.ataquilla.com.
A peza está baseada na obra de Paramahansa Yogananda que foi quen trouxo o yoga a occidente, non soamente o yoga físico senón tamén o raja yoga, que é como chaman na India á meditación, á ciencia da realización do ser. El Brujo di que esta autobiografía exerceu nel tan grande fascinación que quixo dala a coñecer a través deste espectáculo.
A XXXIV edición da Semana de Teatro Concello de O Valadouro dará comezo o vindeiro domingo, 1 de setembro, coa actuación do grupo Os Pícaros, de Lagoa, que presentará unha adaptación da obra Asilo por compasión.
O luns, 2 de setembro, actuará o grupo Lume Escénico, de A Pontenova, coa obra O achado do castro de Manuel Núñez Singala.
O martes, día 3, o grupo Axouxeres, de Vilaronte, porá en escena a obra Un divorcio no pobo de Tito Casado Agudín.
O mércores, 4 de setembro, o grupo O Bordelo, de Cervo, representará a obra Toluras de proveito de Francisco Piñeiro.
O xoves día 5 o grupo Touporroutou, de Foz, presentará Comedia bífida da que é autor Manuel Núñez Singala.
E o venres, 6 de setembro, actuará o grupo A Adala, de Fazouro, cunha...
leer másFoz acolle a XX Semana do Teatro Afeccionado desde o luns 19 ao venres 23 de agosto. As representacións faranse ao aire libre ás 21:00 horas.
O luns 19 na praza Pardo de Cela Touporroutou Teatro ofrecerá a obra Comedia Bífida.
Axóuxeres representará a obra Un divorcio no pobo o martes 20 na Praza do Concello.
Na Praza de Galicia o mércores 21 Pico do Castro ofrecerá O Randiña.
O xoves 22 no Campo da Cabana O Batán escenificará a obra Bicos de vinagre.
E o venres 23 rematará este ciclo de teatro afeccionado ao aire libre cunha representación na paseo da Rapadoira a cargo de A Adala, que representará Comeza a función.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “neste certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro afeccionado que superen un proceso de selección. O prazo para inscribirse rematará o 30 de setembro. Todas as obras seleccionadas recibirán unha axuda de 300 euros en concepto de participación, desprazamento, etcétera”.
Manuel Arango engade que “nas bases, que están publicadas na páxina web do Concello, establécese un premio de 750 euros á mellor representación. Así mesmo haberá trofeos para os mellores actor e actriz, actor e actriz de reparto, posta en escena e un premio concedido polo público asistente ás representacións. As obras representaranse durante o mes de novembro e no mes de decembro haberá unha gala especial de entrega de premios”.
A obra premiada como mellor representación...
leer másDentro do programa Cultura no Camiño 2019, da Xunta de Galicia, o centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros acolle este mércores, día 7 de agosto, ás 12:00 horas o espectáculo Os Rockenstein. E unha obra de teatro musical destinada a público familiar a cargo de Malasombra Producións.
A entrada a este evento, promovido pola Concellería de Dinamización do Concello de Barreiros, é gratuíta ata completar o aforo.
En Burela está aberta a inscrición para participar no 2º Rastrillo Popular Solidario do verán, que se celebrará este domingo, 11 de agosto, en horario de 10 a 15 horas na praza da Mariña.
Desde a Concellería de Cultura lembran que “para anotarse hai que doar 2 quilos de alimentos que irán destinados ao Banco de Alimentos de Burela. As inscricións poden facerse chamando á Casa da Xuventude aos seguintes teléfonos: 982 58 11 41 e 608 158 170”.
A axenda cultural da fin de semana inclúe teatro infantil ao aire libre. Será este venres, día 9, na praza da Mariña ás 21:00 horas. O espectáculo, Meme, el caracol prehistórico, está destinado a nenas e nenos a partir de 3 anos. Trátase dunha divertida función da que poderá gozar toda a familia. Os máis peques descubrirán a música desde o máis básico ata o rock ou a sinfónica...
leer másO Concello de Foz programa para este mes de agosto varias funcións de teatro infantil que se representarán na Sala Bahía.
O luns 5, ás 21:00 horas, Limiar Teatro porá en escena Don Quixote. Unha comida gastronómica.
O martes 6, ás 21:00 horas, actuará Pérez & Fernández que presentará Aguratrat.
O luns 12, ás 21:00 horas, Educateatro Produccións representará Os tres porquiños.
O martes 13, ás 21:00 horas, A Adala Infantil presentará ¡Que cousas pasan no Camiño!.