SonRock
O festival SonRock celebrarase o vindeiro sábado, 17 de xuño, no parque de San Francisco. A partires das once da noite actuarán as bandas Enxebre, Anima e Machina. O evento foi presentado polos concelleiros de Cultura e Xuventude.
O edil de Cultura, Farruco Graña, salientou que “un ano máis achégase o rock a Ribadeo. Esta é unha nova edición do SonRock Ribadeo na que van participar grupos como Enxebre, composto por veciños de aquí de Ribadeo e da zona, e os grupos Anima e Machina. Será o sábado, 17 de xuño, ás once da noite, no parque de San Francisco”.
O concelleiro ribadense declarou que “o que pretendemos desde as Concellarías de Cultura e de Mocidade é dar cabida tamén ao rock. En Ribadeo amamos a música, pero tamén nesta ocasión queremos mostrar o noso afecto con son forte e son vibrante a través dos grupos Enxebre, Anima e...