Tapeo
O Concello de Trabada organiza o Tapeo Trabada que se celebrará do 5 ao 7 de abril.
Catro locais hostaleiros da vila ofrecerán, durante eses tres días, tapas elaboradas para a ocasión ao prezo de 1´50 euros. Ademais sortearanse 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos participantes.
Nesta ruta de tapeo Bar Villapol presenta as tapas: Que foi primeiro? E Manciña de porco en salsa de améndoas; Bar O Porfirio: Porco bravo con cogumelos e compota de mazá e Regaliños do mar con crema de nécoras; Mesón Camiño Norte: Potaxe de fabas con gambas e calamar e Roupa vella con tostóns mouros e cristiáns; e Taberna da Curuxeira: Roliños de carne con menestra de verduras e Cestiño de bacalao en salsa de marisco.
Do 22 de marzo ao 5 de abril estará aberta a inscrición para participar no XIV Ribadeo de Tapeo, que se celebrará do 11 ao 19 de maio. O formato do concurso será o mesmo dos últimos anos, segundo explicou hoxe a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez. Haberá un xurado profesional e o público tamén elixirá a mellor tapa. E o prezo destas miniaturas da cociña será de 1,50 euros.
A edil nacionalista contou que “un ano máis, xa ás portas da primavera e desde o Concello de Ribadeo queremos abrir o prazo para o Ribadeo de Tapeo, para a inscrición dos establecementos que queiran participar no Ribadeo de Tapeo, que xa vai pola súa edición número 14. Este ano as datas de celebración serán dende o 11 ata o 19 de maio. Todos os establecementos interesados en participar deberán inscribirse e poden facelo a partires de mañá mesmo, 22 de marzo...
leer másA Concellería de Desenvolvemento Local e Turismo deu a coñecer hoxe os premios á mellor tapa e á mellor barra da XIII edición do Ribadeo de Tapeo elixidas polo público. Da leira e da ribeira de O Piano foi a elixida como A tapa do público e a mellor barra foi a do Bar Queimada. Este sábado, 2 de xuño, ás 19:30 horas terá lugar a entrega de premios do Ribadeo de Tapeo no Teatro. Na cita actuarán os grupos participantes na terceira edición dos Cantos de Taberna.
A concelleira Ana Martínez declarou que “xa recta final da XIII edición do Ribadeo de Tapeo, danse a coñecer os premios do público. Así o público participante nesta edición cos seus votos, froito das votacións emitidas polo público nas urnas instaladas nos 44 locais participantes neste concurso gastronómico, decidiu que o premio Tapa do Público sexa para Da leira e da ribeira do...
leer másO XIII Ribadeo de Tapeo desenvolverase do 11 ao 20 de maio en 44 locais hostaleiros do municipio. Cociñeiros como Yayo Daporta, Gonzalo Pañeda e Lucía Freitas formarán parte do xurado profesional que elixirán as mellores tapas o 21 de maio. Será no hotel restaurante Voar e só concorrerán a esta cita os establecementos que o desexen. O público tamén elixirá a mellor tapa e a mellor barra entre os 44 que participan nesta cita gastronómica. Haberá ademais cantos de taberna, sobremesas musicais e tapas gastro accesibles.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, lembrou que “hai trece anos o Ribadeo de Tapeo se presentaba como unha novidade na comarca, un concurso de tapas onde un gran número de establecementos do concello participaban neste evento. E hoxe xa é todo un clásico, está consolidado, e ademais foi provocando unha serie de reaccións,...
leer másUn ano máis o Concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición para a XIII edición do Ribadeo de Tapeo, que dará comezo na tarde noite do 11 de maio e continuará ata o día 20 dese mes.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, subliña que “este concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo é un dos grandes atractivos da programación do Concello e pretende ser un revulsivo para a economía ribadense, que ano tras ano ven colleitando cada vez más éxito tanto entre el público cómo entre seus máximos protagonistas, que son los profesionais dos establecementos da hostalería ribadense".
A edil ribadense sinala que “esta cita é un dos nosos mellores escaparates gastronómicos, un espazo onde compartir novas ideas e propostas desta cociña en miniatura, un espazo onde fomentar a nosa cultura da tapa,...
leer másLa vinoteca ultramarinos Fumarel, de Ribadeo, inauguró ayer sus jueves de tapeo, que ofrecerá todas las semanas hasta el 28 de junio. Cada día tendrán al menos tres tapas o mini raciones para elegir a un precio de 2 euros cada una. Concretamente ayer hubo cuatro variedades: tortilla campesina, carrilleras de cerdo ibérico con patatas fritas, tosta de anchoas y boquerones así como huevo frito con setas y jamón.
El propietario de la vinoteca Fumarel, Gervasio Cao, explicó que “despois destes dous anos e medio de experiencia do Fumarel comprobamos que o chateo nesta casa é algo que está moi de moda; creo que nos estamos convertendo nun local moito de quedada. Entón analizado este escenario e como habitualmente ofrecemos dúas ou tres tapas de cociña, que é algo moi valorado polos clientes, decidimos dar un paso máis e os xoves ofrecer un...
leer másEste venres, 10 de novembro, comezan en Xove os Venres de Tapeo.
Os sete locais de hostalaría que participan nesta iniciativa servirán tapas ao prezo de 2 euros todos os venres a partires das 20:00 horas. O último venres de cada mes haberá un sorteo de 100 euros, e un sorteo presencial de 50€ en A Roda ás 23:30 horas. Para participar nos sorteos é preciso retirar as tarxetas nos establecementos participantes.
Os sete locais nos que se poderá degustar as tapas son: A Fuga, A Roda, Bar Cociña, Centro Cívico, O Cabaliño, O Refugio e Onde Sempre. Estes establecementos ofrecerán cada venres unha tapa diferente.
Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Xove. Os Venres de Tapeo en novembro serán os días 10, 17 e 24.
- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4