Tapeo
A.C.D. As Minas organiza, coa colaboración do Concello de A Pontenova, o Entroido de Tapeo que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de febreiro.
Os bares do pobo ofrecerán tapas e pinchos dende as 20:00 horas e haberá sorteo de cestas de entroido para as persoas que asistan disfrazadas.
O domingo, 27 de febreiro, celebrarase un carnaval infantil organizado por C.I.T. A Pontenova coa colaboración do Concello de A Pontenova e a ANPA C.E.I.P. A Pontenova. A festa terá lugar no pavillón municipal Tito Margaride, a partir das 17:00 horas, con xogos, música, baile e taller de máscaras, entre outras actividades.
Turismo de A Pontenova organiza un concurso de fotografía, tanto para adultos como para os máis cativos. É moi fácil participar, segundo os convocantes, “sube a túa fotografía na app, na...
leer másEste xoves, 20 de xaneiro, comeza unha nova edición de Sanci Tapeando nos bares de San Ciprián.
Será desde o 20 de xaneiro ao 26 de maio todos os xoves. Os establecementos participantes son: Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, Aquelarre, Cervecería Las Titas e Mesón A Bodega.
Como premios haberá dous vales de 200 euros e 100 euros respectivamente, para gastar nos locais participantes.
O prezo das tapas é de 2,50 euros.
AciaFozCCA organiza unhas Xornadas de Tapeo de Carne de Poldro que se celebrarán os días 30 e 31 na Ponte de Santos.
Un total de quince establecementos hostaleiros participan nesta iniciativa ofrecendo tapas gratuítas con cada consumición.
Os locais que ofrecerán as súas preparacións con carne de poldro son: A Rambla- Pachán, A Viela, Anduriña, As Brasas, Augas Santas, Casa Damián, Dandy, Hotel Oca, O Lar, O Muelle Bar, Pizzería Xoiña, Portochico, Tangarte e Xoyma.
AciaFozCCA quere potenciar deste xeito a oferta gastronómica cun produto de calidade nunhas preparacións que poden resultar novidosas. O presidente, José Carlos Paleo, anima a focenses e visitantes “a saborear as propostas con carne de poldro de pura raza galega que vai elaborar a nosa hostalería durante a última fin de semana...
leer másTapea con mamá é a nova campaña gastronómica que pon en marcha Acisa Ribadeo os días 1 e 2 de maio. A cita, na que participan 17 establecementos asociados, ven completar a programación da asociación para a súa campaña do dia da nai.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, manifestou: “creemos que esta é unha boa oportunidade para reactivar as accións de dinamización hostaleira con sentidiño, ven programada e cumprindo todas as normas de seguridade. Xa hai mais dun ano que case non se fai algo para o sector e toca reactivalo, a modiño, con prudencia pero con ilusión. A vida segue, e debemos retomar as actividades perdidas, do mellor xeito que poidamos”.
Pérez Prada explicou que “nesta primeira actividade da hostalaría deste ano participan un total de 17 establecementos. Dende o próximo mércores haberá en todos eles...
leer másACIAM Xove volve organizar, coa colaboración do Concello, e despois duns cantos meses, o Xove de Tapeo, que se arrinca este venres, 27 de novembro.
Sete establecementos participan nesta cita gastronómica, que a partir das 19:00 horas ofrecerán as súas tapas especiais ao prezo de 2 euros.
O Xove de Tapeo pode degustarse en: O Cabaliño, co seu Lacón con grelos; Os Faroles, que ofrece Xamón cocido con patacas e chourizo; Onde Sempre, que presenta Asado de tenreira sobre base de patacas; Bar Pepe, con Raxo á tixola; O Refugio, que elabora Lombo de porco ó forno envolto en bacon; O Cociña, que prepara Milfollas de pataca con cinta de lombo e salsa de piquillos; e Lugar das Marías, con Mini burguer de peixe espada con toque de curry e marmelada de pementos.
A organización lembra a tod@s os/as...
leer másO Concello de Cervo segue colaborando na iniciativa Sanci Tapeando, que se leva a cabo todos os xoves deste mes de novembro en sete establecementos hostaleiros de San Ciprián.
Os locais participantes ofrecerán tapas ao prezo de 2 euros, que serán diferentes os vindeiros días 12, 19 e 26. Sortearanse entre os asistentes dous vales por importe de 180 e de 100 euros para gastar nos establecementos que levan adiante esta campaña.
Participan en Sanci Tapeando: Café-Bar O Faro, Mesón A Bodega, Cervecería O Encontro, Café-Bar Maruxaina, Pizzería O Trasgo, Cervecería Las Titas e Terraza O Noso Lar.
Este xoves, 1 de outubro, regresa Sanci Tapeando coa degustación de diferentes receitas culinarias en 7 locais hostaleiros da vila. O prezo será de 2 euros. Haberá 2 premios de 180 e de 100 euros en vales para gastar nos locais participantes nesta cita gastronómica que se desenvolverá todos os xoves de outubro en San Ciprián.
A proposta para este primeiro día da nova tempada é:
- Café bar O Faro: flamenquín con cebola caramelizada
- Mesón A Bodega: desmigado de peixe
- Café Bar Maruxaina: filloas recheas de ourizo
- Pizzería O Trasgo: taquiños de polo con dúas salsas
- Cervecería Las Titas: delicias de xamón serrano
- Terraza O Noso Lar: bacallau á nata
(Cervecería O Encontro tamén se suma á iniciativa pero a partir do xoves 15 de outubro incluído)
As fotografías das...
leer másMañá, xoves, e o venres segue en Ribadeo o Mes do Tapeo, que organizou Acisa e no que participan arredor de 20 establecementos hostaleiros. Os locais ofrecen as súas orixinais preparacións os xoves e os venres polas noites ata finais deste mes.
No Mes do Tapeo de Acisa os xoves haberá oferta gastronómica en 14 establecementos: O Lar de Manolo, O Alén, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, Bar Cienfuegos, El Rincón del Gordo, La Solana, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Bar Galicia, La Botellaría, Costa Verde e Cayo Coco.
E os venres as tapas poderán degustarse en 18 locais: O Lar de Manolo, O Alén, Mareta, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, La Botellería, El Rincón del Gordo, La Solana, Madison, Queimada, Delicates, O Indiano, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Cayo Coco, Costa Verde e Malo Será.
... leer másMañá, xoves, e o venres segue en Ribadeo o Mes do Tapeo, que organizou Acisa e no que participan preto de 20 establecementos hostaleiros. Os locais ofrecen as súas orixinais preparacións os xoves e os venres polas noites ata finais de novembro.
No Mes do Tapeo de Acisa os xoves haberá oferta gastronómica en 13 establecementos: O Lar de Manolo, O Alén, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, Bar Cienfuegos, El Rincón del Gordo, La Solana, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Bar Galicia, La Botellaría e Cayo Coco.
E os venres as tapas poderán degustarse en 17 locais: O Lar de Manolo, O Alén, Mareta, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, La Botellería, El Rincón del Gordo, La Solana, Madison, Queimada, Delicates, O Indiano, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Cayo Coco e Malo Será.
O obxectivo...
leer másArrinca esta semana, o 7 de novembro, o mes das tapas en Ribadeo. Trátase dunha nova iniciativa ideada por Acisa para o sector hostaleiro na que se dan cita 19 establecementos asociados, que ofrecerán as súas orixinais preparacións os xoves e os venres polas noites.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “cada establecemento escolleu a súa forma de participar, elaborando unha tapa diferente cada dia ou a mesma todos os días e elixiron se participar os dous días, xoves e venres, ou so un deles. Toda a programación do mes poderase encontrar nos 5.000 dípticos que se repartirán nos establecementos participantes para dar toda a información aos clientes. As tapas poden ser gratuítas ou de pago con prezos que oscilan entre 1 e 3 euros”.
Pérez engade que “quixemos darlle total liberdade aos participantes...
leer más