Este venres, 10 de novembro, comezan en Xove os Venres de Tapeo.
Os sete locais de hostalaría que participan nesta iniciativa servirán tapas ao prezo de 2 euros todos os venres a partires das 20:00 horas. O último venres de cada mes haberá un sorteo de 100 euros, e un sorteo presencial de 50€ en A Roda ás 23:30 horas. Para participar nos sorteos é preciso retirar as tarxetas nos establecementos participantes.
Os sete locais nos que se poderá degustar as tapas son: A Fuga, A Roda, Bar Cociña, Centro Cívico, O Cabaliño, O Refugio e Onde Sempre. Estes establecementos ofrecerán cada venres unha tapa diferente.
Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Xove. Os Venres de Tapeo en novembro serán os días 10, 17 e 24.