Sendeirismo
14/04/2016
Dende o pasado 20 de xaneiro está legalizada a Asociación Cultural Amigos de Regalxunqueira, que conta con 60 socios e na actualidade está presidida por María Carmen Blanco Trobo, o secretario é Alfonso Otero Regal e a tesoureira, Montserrat Prieto Pernas. Segundo anunciaron, a asociación “realizará as seguintes actividades: sendeirismo, cinefórum, cursos de gravado, cerámica e pintura, ioga, pilates, reiki, excursións, viaxes organizadas, gastronomía, elaboración de cervexa artesán e de vermú, conferencias encol da sanidade e club de lectura, entre outras”.
Como primeira actividade da asociación, no apartado de sendeirismo, este próximo sábado, día 16 de abril, iniciase o percorrido: O Barqueiro – Vegadeo, seguindo a ruta...
leer más 07/04/2016
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove deu comezo a súa tempada de Rutas o pasado día 3. As andainas seguirán a finais do presente mes.
A vindeira ruta será o día 24 de abril pola comarca ferrolán. Será pola ruta de Senda e Fervenzas do río Belelle. A distancia é de 12´5 quilómetros con dificultade baixa. A saída será desde a Igrexa de Santa María de Neda, seguindo a Senda do río Belelle que nace nas Fragas do Eume e chega ao mar na ría de Ferrol. Na ruta atópanse varios muíños restaurados e que fan referencia ao afamado pan de Neda. Caracterízase esta ruta pola espectacularidade das fervenzas e a frondosidade das árbores á ribeira do río.
04/04/2016
Este sábado, día 9 de abril, as asociacións Pasada das Cabras de Burela e Terras de Lourenzá organizan a cuarta etapa do Camiño Norte de Santiago dende Lousada a Martiñán. A etapa ten un percorrido de dezaseis quilómetros.
A saída será de Burela ás oito da mañá da Estación de Autobuses. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 euros para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro. As persoas que queiran participar deben anotarse en Gráficas Arfe de Burela ou no teléfono 982-580 504 antes do xoves día 7 ás 20:00 horas.
22/03/2016
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á localidade asturiana de Cudillero para o vindeiro 10 de abril.
Os asistentes participarán no Encontro Astur-Galaico que se celebra alí en Cudillero. A saída será ás oito da mañá das inmediacións do Concello e o derradeiro día para anotarse é o 30 de marzo. As solicitudes poden facerse no local da asociación ou na dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 25 euros para socios e 30 euros para non socios e para máis información se pode chamar aos teléfonos 676-561 594 ou 670-369 017.
Recoméndase levar equipo de sendeirismo.
21/03/2016
A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á ruta Las Arribes del Duero en Salamanca do 14 ao 17 de maio.
Os interesados poderán facer as súas reservas ata o 23 de marzo nos teléfonos 676 561 594 ou 670 369 017, ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
A saída está prevista para ás oito da mañá do día 14 das inmediacións do Concello e o prezo para os socios é de 250 euros e 300 euros para os non socios cun suplemento por habitación individual de 90 euros. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A viaxe inclúe un cruceiro fluvial.
16/03/2016
A ACD Xove organiza para este domingo, día 20, unha exhibición de karate. Será a partir das 18:00 horas no Pavillón Polideportivo e correrá a cargo dos karatekas da Escola de Karate que farán demostracións de katas, kobudo, defensa persoal e distintas habilidades e exercicios técnicos. Xunto cos nenos e nenas da ACD Xove tamén participarán nesta exhibición alumnos e alumnas doutras Escolas de Karate da Mariña.
Tamén este domingo a ACD Xove presentará as rutas de sendeirismo que organiza para este año. Farao a través dunha presentación audiovisual feita por Santos Cordovilla e despois terá lugar unha charla-coloquio con todos os asistentes. Esta presentación será a partir das 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove....
leer más 15/03/2016
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha viaxe para este domingo, día 20, a Sober coincidindo coa celebración da Feira do Viño.
Os participantes realizarán a Ruta Aba Sacra cun percorrido de 6,3 quilómetros e dificultade baixa dende Doade ata Amandi. O percorrido discorre na súa totalidade entre os característicos bancais de viñedo da zona e paralelos ao canón do río Sil. Ao rematar desprazaranse ata Sober onde gozarán da xornada festiva que supón a celebración da tradicional Feira do Viño.
Esta andaina será este domingo, día 20, e a saída de Lourenzá está prevista para as 8:00 horas. O prezo de 10 euros para socios e 15 euros para...
leer más 14/03/2016
A primeira delas será o venres, día 25, á cascada de San Estebo en Barreiros. E segunda o sábado, día 26, á ruta do Masma.
A saída está prevista para as nove da mañá de diante do Concello e a volta para xantar en Foz sobre as dúas da tarde. A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e a dificultade de ambas rutas é media.
As persoas que estean interesadas poden chamar aos teléfonos 676 561 594 (Nelli) ou 670 369 017 (Morís).
22/02/2016
O 6 de marzo Os Sendeiros de Foz realizarán un novo andareiro por terras de Navia, en Asturias. Segundo explican os organizadores “serán dúas rutas pequenas enlazadas, a principal é Covas de Andina, antiga explotación aurífera romana, e a outra nos levará a ollar desde o alto da contorna, todo isto está dentro do parque histórico de Navia”.
Os Sendeiros de Foz engaden que “se trata dun roteiro fermoso e interesante, teremos unha guía que nos explique todo o relacionado coa mina de ouro romana, flora e fauna do lugar”. A saída será o 6 de marzo ás oito da mañá. O derradeiro día para anotarse será o 2 de marzo. Recoméndase levar equipo de sendeirismo.
...
leer más 15/02/2016
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para este sábado, día 20, unha andaina pola Ruta dos Cortíos en Santa Eulalia de Oscos.
Os participantes sairán ás oito e media de mañá do Cantón de Vilanova en Lourenzá. A etapa ten unha distancia de once quilómetros e unha dificultade media-baixa. Os organizadores recomendan levar botas e bastóns e a comida terá lugar en Casa Pedro cun cocido típico destas datas.
As inscricións deberán facerse antes das dúas da tarde deste mércores, día 17, por correo electrónico en terrasdelourenza@gmail.com ou nos teléfonos 647 06 70 54 (Javier) e 686 77 11 13 (...
leer más