Sendeirismo

Etiquetas:
01/12/2016
Amigos de RegalXunqueira realizarán o 3 de decembro un ruteiro pola costa entre Reinante e Ribadeo.
 
A asociación Amigos de Regalxunqueira organiza un ruteiro o sábado, 3 de decembro, por Reinante e Ribadeo.
 
A saída da estación de tren de Viveiro será ás 10:00 horas ata Reinante, e alí ás 11:00 horas comezará a camiñata ata Ribadeo onde a comida será no restaurante A Dorada do Cantabrico.
 
O percorrido discorrerá por As Catedrais, Rinlo, as praias de Areosa, Castro e Olga, a Illa Pancha, o Forte de San Damian e rematará en Ribadeo. A distancia é de 16 quilómetros e é todo chán. Os organizadores recomendan levar bocata para o almorzo e bebida. Non é preciso ser socio para participar. 
 
A volta será ás 18:40 horas dende a estación de tren de Ribadeo ata Viveiro. Ás 22:00 horas está...
leer más
28/11/2016
Pasada das Cabras, de Burela, e Terras de Lourenzá organizan unha xuntanza na Fonsagrada o 4 de decembro.
 
A Asociación Pasada das Cabras de Burela xunto con Terras de Lourenzá e Amigos do Patrimonio de Castroverde, organizan unha xuntanza na Fonsagrada o 4 de decembro. Durante esa xornada farán unha pequena ruta de dez quilómetros de dificultade baixa.
 
O prezo para os socios é de 25 euros e 30 euros para os que non o son, inclúe autobús, xantar a base de cocido con butelo típico da Fonsagrada e máis o seguro. Para participar é imprecindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504 antes do venres 2 de decembro ás 14:00 horas.
 
A saída dende Burela será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses.
 
Etiquetas:
26/11/2016
Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polos Oscos, en Asturias, o vindeiro 11 de decembro. A inscrición está aberta.
 
A asociación Sendeiros de Foz organiza o derradeiro andareiro deste ano por terras dos Oscos. Como todos os anos, nesta ruta que terá lugar o 11 de decembro, os participantes despedirán este 2016 antes das festas do Nadal.
 
A saída será ás 8:00 horas do Concello. Os interesados deberán anotarse antes do mércores 7 de decembro e poden facelo nos números de teléfono 676 561 594 (Nelli) ou 670 369 017 (Morís). Os organizadores animan a todos a participar nesta fermosa ruta.
 
26/11/2016
Unha exposición, unha ruta de sendeirismo e a elaboración dunha manta solidaria son algunhas das actividades que A Chocolateira levará a cabo en Ribadeo do 3 ao 11 de decembro.
 
A Casa da Xuventude acolleu a presentación das actividades que levará A Chocolateira do 3 ao 11 de decembro. A Chocolateira é un proxecto de innovación social organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración con La Caixa. Doce son as persoas que forman parte de A Chocolateira cun fin común, que é conseguir emprego e transformar realidades aportando os seus coñecementos e experiencias multidisciplinares. Un dos seus primeiros traballos será continuar coa recuperación da memoria histórica do antigo tren mineiro Ribadeo-A Pontenova, coñecido como A Chocolateira, que percorreu e axudou no crecemento da economía local.
 
Ao longo dos vindeiros días haberá unha exposición na antiga oficina de turismo, realizarase unha ruta de sendeirismo e unha manta solidaria, entre outras actividades, que...
leer más
07/11/2016
Pasada das Cabras, de Burela, e Terras de Lourenzá realizarán a 11ª etapa do Camiño Norte entre Arzúa e O Pedrouzo. Será o 12 de novembro.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela xunto coa de Terras de Lourenzá realizarán a 11ª e penúltima etapa do Camiño Norte de Santiago entre Arzúa e O Pedrouzo, o sábado 12 de novembro.
 
A etapa ten unha lonxitude de 19 quilómetros e a saída ás 7:30 horas é da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 euros para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro.
 
Para poder participar nesta etapa é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504 antes do 10 de novembro ás 20:00 horas.
 
Etiquetas:
07/11/2016
A ACD Xove despide a tempada de sendeirismo 2016 cunha ruta pola ría de Ortigueira-Ladrido o 13 de novembro. A inscrición está aberta.
 
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove organiza unha ruta pola ría de Ortigueira-Ladrido para o 13 de novembro.
 
Esta é a ultima ruta da tempada 2016 e percorrerá a senda litoral da ría de Ortigueira cun total de 13 quilómetros e dificultade baixa. A saída e chegada á vila de Ortigueira pasando pola Lagoa de San Martiño, a praia de Morouzos, a carón da illa de San Vicente, e a ría de Ladrido. A ría de Ortigueira está considerada unha das máis importantes de España pola súa biodiversidade natural, dentro da Red Natura 2000 e zona ZEPA (protección de aves).
 
Ao final da ruta os participantes despedirán a tempada cunha comida. Os interesados poden pedir información ou inscribirse na Piscina Municipal de Xove ou no número de teléfono 618 97 61 59...
leer más
Etiquetas:
21/10/2016
Amigos de RegalXunqueira organiza unha ruta entre Foz e Reinante o 22 de outubro. Non é preciso ser socio para participar na actividade.
 
Os Amigos de RegalXunqueira organiza para o 22 de outubro uha ruta entre Foz e Reinante. A saída será ás 10:00 horas da estación de tren de Viveiro e ás 11:00 horas desde a estación de tren de Foz partirá a andaina ata o apeadeiro da estación de tren de Reinante.
 
A ruta discorrerá por Mañente, a Espiñeira, cruzará o río Masma e continuará polas praias da costa de Barreiros, praia de Altar, San Bartolo, Acantilado-Remior, Coto, Fontela-Balea, Lóngara, A Pasada e Arealonga. O percorrido de 16 quilómetros é chan. A volta a Viveiro será no tren das 19:00 horas.
 
A organización anuncia que non é preciso ser socio para participar nesta actividade e aconsella levar comida e bebida.
 
Etiquetas:
17/10/2016
Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo Azúmara. Será o 23 de outubro. O prazo para anotarse está aberto.
 
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza a ruta do mes de outubro polo Azúmara o domingo 23.
 
Un percorrido de 9 quilómetros e dificultade baixa que dará comezo no Castro de Viladonga onde os participantes antes de comezar a camiñar poderán gozar dun dos tesouros arqueolóxicos da provincia, o conxunto formado polo xacemento do Castro e o Museo. Unha vez rematada a visita disporanse a facer a ruta que irá dende o castro ata Castro de Rei, onde xantarán nun restaurante da localidade.
 
A saída para esta andaina o 23 de outubro será desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá ás 9:30 horas. O prezo é de 20 euros para socios e de 25 euros para non socios, inclúe o transporte en autobús e a comida. O prazo para anotarse remata o xoves...
leer más
Etiquetas:
17/10/2016
A ACD Xove organiza unha ruta pola Fragavella, na Serra do Xistral, o 23 de outubro. A inscrición está aberta.
 
O grupo de sendeirismo da ACD Xove organiza unha ruta para o domingo 23 de outubro, pola Fragavella (Serra do Xistral-Concellos de Mondoñedo e Abadín).
 
Esta ruta polos montes da Fragavella está a 15 quilómetros da cidade de Mondoñedo e colle os concellos de Mondoñedo e Abadín. Nela atópase unha gran diversidade de flora e fauna autóctona que no outono é moi visitada pois toda ela produce unha gran variedade e cantidade de cogumelos. De feito o empresario de orixe xaponés Katuza Kimura elexíu no ano 1985 este lugar para o cultivo de setas orientais a nivel industrial. Pero a principios dos anos 90 abandonou a súa explotación por problemas co subministro eléctrico na zona. Tamén existe na Fragavella unha finca propiedade da Xunta de Galicia, destinada á cría de cervos e vacas de raza...
leer más
Etiquetas:
11/10/2016
Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polo Camiño Ferradal ou da Caleira, en Quiroga, o 23 de outubro.
 
A asociación Sendeiros de Foz organiza unha ruta para o día 23 de outubro polo Camiño Ferradal ou da Caleira en Quiroga.
 
A saída será ás 7:30 horas das inmediacións do Concello e o prezo para os socios federados é de 25 euros, para os socios non federados 29 euros, para os non socios federados 30 euros e para os non socios non federados 34 euros. Vai incluída a comida e o seguro de accidentes. É obrigatorio anotarse e o prazo remata o 19 de outubro. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 670 369 017 e 676 561 594.
 
Recoméndase levar equipo de sendeirismo e a dificultade da ruta é media. Colabora con esta iniciativa o Concello de Foz.