O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove deu comezo a súa tempada de Rutas o pasado día 3. As andainas seguirán a finais do presente mes.
A vindeira ruta será o día 24 de abril pola comarca ferrolán. Será pola ruta de Senda e Fervenzas do río Belelle. A distancia é de 12´5 quilómetros con dificultade baixa. A saída será desde a Igrexa de Santa María de Neda, seguindo a Senda do río Belelle que nace nas Fragas do Eume e chega ao mar na ría de Ferrol. Na ruta atópanse varios muíños restaurados e que fan referencia ao afamado pan de Neda. Caracterízase esta ruta pola espectacularidade das fervenzas e a frondosidade das árbores á ribeira do río.