Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de andainas por Somiedo. Serán o 28 e o 29 de maio.

Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de andainas por Somiedo. Serán o 28 e o 29 de maio.
 
A Asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de andainas en Somiedo como xa fixera o pasado ano aínda que nesta ocasión realizará outro par de rutas diferentes. Será os días 28 e 29 deste mes.
 
O sábado 28 realizará a ruta de La Peral-Villar de Vildas cunha distancia de 13 quilómetros e dificultade media-alta. O domingo 29 a andaina será a ruta de subida ao Monte Rozu cun percorrido de 6 quilómetros e dificultade baixa.
 
Os prezos da actividade é de 80 euros para os socios federados, 85 euros para socios non federados, 95 euros para os non socios que están federados e 100 euros para os non socios non federados. A data límite para anotarse é o luns 23 de maio por orde de inscrición xa que as prazas son limitadas, e pode facerse no número de teléfono 647 06 70 54 (Javier).