Balcóns
O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o IV Concurso de decoración de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome ‘Florea o teu balcón’. A novidade na edición deste ano é unha categoría só para o rural, con dous premios e outra para o casco urbano, baixo a que se concederán catro premios.
O Goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. Oconcelleiro de Educación, Cultura e Novas Tecnoloxías,Alberto García,explica que grazas a este tipode iniciativas, xunto a outras moitas, Mondoñedo resultou gañadora do Premio Parabéns desta edición, concedido pola Xunta.
Precisa que se trata dun concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos...
leer másAchégase o IV Ribadeo Indiano e con ese motivo Acisa e Concello convidan á cidadanía a embelecer a vila adornando con flores ou plantas os seus balcóns ou fachadas. Acisa pide a colaboración dos seus asociados e o Concello engalanará algúns edificios públicos. O alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Turismo, Ana Martínez, o presidente de Acisa, David Martínez, e o xerente desta asociación, Jesús Pérez, presentaron a iniciativa esta mañá.
O rexedor dixo: “aproveitando esta IV Edición do Ribadeo Indiano queremos convidar á cidadanía a embelecer o noso concello adornando con flores ou plantas os seus balcóns ou fachadas”.
Suárez Barcia sinalou que “o que pretendemos é poñer en valor os beneficios estéticos ambientais da recuperación dos balcóns e fachadas como elementos vivos da vila, porque detrás de cada...
leer más