Este sábado, día 9 de abril, as asociacións Pasada das Cabras de Burela e Terras de Lourenzá organizan a cuarta etapa do Camiño Norte de Santiago dende Lousada a Martiñán. A etapa ten un percorrido de dezaseis quilómetros.
A saída será de Burela ás oito da mañá da Estación de Autobuses. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 euros para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro. As persoas que queiran participar deben anotarse en Gráficas Arfe de Burela ou no teléfono 982-580 504 antes do xoves día 7 ás 20:00 horas.