Sendeirismo

Etiquetas:
08/09/2015
A asociación burelesa Pasada das Cabras organiza unha ruta a Valporquero (León) o vindeiro sábado, 12 de setembro. A inscrición está aberta.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o día 12 de setembro unha ruta a Valporquero (León), con visita á cova e percorrido de catro quilómetros. Trátase dun tramo de dificultade baixa .
O prezo para os socios é de 25 euros e de 30 para os que non formen parte da asociación Pasada das Cabras.  A entrada á cova está subvencionada polo colectivo organizador e a taxa a pagar inclúe viaxe, seguro e comida. A saída está prevista para ás 7 de mañá dende a estación de autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 58 05 04 antes do 10 de setembro ás 20 horas.  
Esta ruta está patrocinada polo Concello de Burela.   
Etiquetas:
07/09/2015
Os Sendeiros de Foz organizan o 19 de setembro o noveno encontro "Río Ouro e Praias de Foz". A inscrición está aberta.

 

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 19 de setembro o seu noveno encontro de sendeirismo “Río Ouro e Praias de Foz”. O punto de encontro será a Praza de Conde de Fontao e a inscrición debe facerse antes do día 11 nos teléfonos 696 236 020 (Luciano) ou 670 369 017 (Morís) ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo por participante é de 2 euros. A organización informa que “non se inclúen seguros de accidente, sendo responsabilidade de cada un os danos que poidan sufrir”.

Etiquetas:
17/08/2015
Terras de Lourenzá organiza unha camiñata por Somiedo. Será a fin de semana do 19 e do 20 de setembro.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá ten previsto realizar, coma o ano pasado, unha fin de semana de camiñatas. Este ano as dúas rutas preparadas serán en Somiedo (Asturias), polo que a fin de semana do19 e 20 de setembro se desprazarán a esta localidade asturiana. 
 
O sábado, 19, realizarán a "Ruta dos Lagos" que os levará dende o Alto de la Farrapona ata o Valle de Lago, pasando polos Lagos de Salienza. Esta primeira andaina ten unha distancia de 14 quilómetros e dificultade media. No punto de destino será onde pasen a tarde. Tamén alí cearán e disporán do aloxamento desa xornada, así como o almorzo do domingo. A comida será en ruta, polo que cada participante terá que levar a súa, así como auga e bastóns. A tarde será...
leer más
Etiquetas:
16/08/2015
Os sendeiros de Foz rematan as súas rutas de verán o 22 de agosto cun percorrido polo municipio.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o próximo sábado, 22 de agosto, o último dos seus “andareiros de verán”, que discorrerá polo entorno do municipio e acabará cunha pequena comida para celebrar a fin do verán. 
A cita é ás nove da mañá e o punto de encontro será a Casa do Concello e os participantes deberán pagar unha tarifa de 5 euros. Recoméndase levar equipo de sendeirismo, auga e algo de picar para o camiño. A dificultade da ruta é media. 
A actividade é voluntaria e non inclúe seguro de accidentes, polo que cada quen é responsable dos danos que puidera sufrir na ruta.
A inscrición é obrigatoria nos teléfonos 696236020 e 670369017 ou no correo electrónico...
leer más
Etiquetas:
10/08/2015
Os sendeiros de Foz realizarán unha marcha nocturna pola vila o vindeiro 14 de agosto a partir das dez da noite.
 
A asociación de sendeirismo Os Sendeiros, coa colaboración do Concello de Foz, organiza unha camiñata nocturna o 14 de agosto polas rúas de Foz, o porto e o paseo das praias entre A Rapadoira e Llas. Será a partir das 10 da noite, con saída da praza Conde de Fontao. 
É a 6ª marcha nocturna que organiza este colectivo. Ao acabar, os participantes estarán convidados a unha chocolatada con biscoitos. 
A actividade é voluntaria e non inclúe seguro de accidentes, sendo responsabilidade da persoa os danos que puideran sufrirse na ruta. Os organizadores recomendan levar lanterna ou farol.
Os interesados poden anotarse nos teléfonos 696236020 e 670369017, así como no correo electrónico...
leer más
Etiquetas:
03/08/2015
A asociación Os Sendeiros, de Foz, realizará unha ruta pola serra do Buio o 8 de agosto.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o vindeiro sábado, 8 de agosto, unha ruta pola serra do Buio, un percorrido no que ademais poderán contemplarse excelentes vistas do val de Rúa,  San Cibrao, Cordido, Cangas e toda a costa ata Tapia de Casariego, así como o interior de Mondoñedo.  Na cita colabora o Concello de Foz.
A saída da ruta é ás 9 da mañá e o punto de encontro está fixado na Casa do Concello. A actividade, de dificultade media,  é gratuíta, incluído o autobús, e os organizadores recomendan levar un equipo de sendeirismo, auga e algo para picar durante o camiño. O roteiro forma parte do ciclo Sábados de Verán que organiza a asociación Os Sendeiros. Os que desexen participar poden informarse e anotarse no correo electrónico...
leer más
Etiquetas:
20/07/2015
Terras de Lourenzá realizará a Ruta do Masma o vindeiro 2 de agosto. Será para celebrar o día da asociación.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras Lourenzá celebrará o Día da Asociación cunha ruta de 12 quilómetros que percorrerá parte dos concellos de Lourenzá e Mondoñedo. Tratáse dunha proposta bautizada como Ruta do Masma, pois terá como eixo condutor este río, e terá lugar o día 2 de agosto ás 9.30 horas na Área Recreativa da Cazolga. A dificultade do percorrido é baixa.
A ruta é a máis importante do ano para a Asociación Terras de Lourenzá e terá forma de camiñata circular: permitirá aos participantes gozar do entorno do Masma e do tramo no que converxe co Baos, tanto no municipio de Lourenzá como de Mondoñedo. O camiño acaba na mesma Área Recreativa na que comezou, onde os participantes farán unha churrascada para repoñer forzas. O grupo pasará na Cazolga toda a tarde e poderá...
leer más
Etiquetas:
14/07/2015
A asociación Pasada das Cabras, de Burela, realizará a súa tradicional ruta nocturna a San Ciprián o 18 de xullo.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela fará o sábado, 18 de xullo, a súa ruta nocturna a San Ciprián, unha cita que vén organizando verán tras verán. A saída do percorrido será ás dez da noite da Praza da Mariña de Burela, e a fin do camiño en San Ciprián. Os participantes tomarán unha chocolatada con churros gratuíta no bar O Noso Lar. 
Os organizadores recomendan levar chaleco reflectante e lanterna. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982580504 antes do día 17 de xullo ás 20 horas.
 
Etiquetas:
14/07/2015
A asociación Os Sendeiros, de Foz, propón unha ruta por Fontao, Sixto e Fazouro o vindeiro 18 de xullo.

 

O colectivo Os Sendeiros de Foz realizará un roteiro entre os lugares de Fontao, Sixto e Fazouro o próximo sábado, 18 de xullo. A participación nesta actividade é gratuíta, incluído o autobús, e os interesados deberán anotarse nos teléfonos 670369017 -696236020 ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O punto de encontro será a Casa do Concello de Foz, ás 9 da mañá. A dificultade do percorrido é media e os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo.

Organizada por Os sendeiros de Foz, a actividade conta tamén coa colaboración do Concello. 

Etiquetas:
08/07/2015
El grupo de montaña del club deportivo Marqués de Casariego, de Tapia, realizará un viaje a la montaña palentina del 6 al 9 de agosto.
 
El Grupo de Montaña del Club Deportivo Marqués de Casariego, de Tapia, realizará un viaje a Palencia del 6 al 9 de agosto. Será para visitar el parque natural de Fuentes Carrionas y Fuente Cobre-Montaña.
Según explican desde la organización “ascenderemos a uno de sus cuatro ases: Peña Prieta (2.539 metros). Disfrutaremos de las hermosas vistas al Espigüete, Pico Murcia y el Curavacas. Visitaremos Cervera de Pisuerga y disfrutaremos de la Sierra del Brezo. Nos alojaremos en Camporredondo de Alba”.
Los precios del viaje serán de 170 euros para los socios colaboradores, de 220 para los socios y de 300 para los no socios. Las personas interesadas en participar pueden inscribirse hasta el 30 de julio en ...
leer más