A asociación cultural Amigos de Regalxunqueira, de Viveiro, comeza as súas actividades cunha ruta de sendeirismo o 16 de abril.

A asociación cultural Amigos de Regalxunqueira, de Viveiro, comeza as súas actividades cunha ruta de sendeirismo o 16 de abril.
 
Dende o pasado 20 de xaneiro está legalizada a Asociación Cultural Amigos de Regalxunqueira, que conta con 60 socios e na actualidade está presidida  por María Carmen Blanco Trobo, o secretario é Alfonso Otero Regal e a tesoureira, Montserrat Prieto Pernas. Segundo anunciaron, a asociación “realizará as seguintes actividades: sendeirismo, cinefórum, cursos de gravado, cerámica e pintura, ioga, pilates, reiki, excursións, viaxes organizadas, gastronomía, elaboración de cervexa artesán e de vermú, conferencias encol da sanidade e club de lectura, entre outras”.
 
Como primeira actividade da asociación, no apartado de sendeirismo, este próximo sábado, día 16 de abril, iniciase o percorrido: O Barqueiro – Vegadeo, seguindo a ruta recentemente construída por parte do Ministerio de Fomento. Dividirase en 8 tramos, da seguinte forma: O Barqueiro – San Román, San Roman – Viveiro, Viveiro – Lago, Lago – Burela, Burela – Foz, Foz – Barreiros, Barreiros – Ribadeo e Ribadeo – Vegadeo. O percorrido será sempre polo sendeiro costeiro e a ida ós puntos de saída realizarase mediante o tren de FEVE. A saída de Viveiro será ás 8 h da mañá. Os regresos, ás 12:30 ou 15:30 horas, dependendo do percorrido.
 
Como inicio da  ruta de sendeirismo o próximo sábado a Asociación Cultural Amigos de Regalxunqueira, dentro da Festa de República, colocará unha placa na ponte de O Barqueiro en homenaxe “aos homes e mulleres asasinados neste lugar por defender a liberdade, a xustiza e a II República”.
 
A participación tanto nos actos como no percorrido é gratis e pode asistir calquera persoa, sexa ou non da asociación.