Sendeirismo
O Concello de Trabada presenta os detalles da primeira das rutas programadas coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. Este domingo, 23 de xuño, será a ruta da subida ó Picato, un percorrido de 8 quilómetros de dificultade baixa/media.
A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes.
As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata este mércores, 19 de xuño, no teléfono do Concello de Trabada 982.135.011.
“É a primeira das cinco rutas previstas durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro, unha actividade de deporte e natureza que é tan característica en Trabada”, asegura o alcalde, Rubén García.
O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso presentaron o programa de sendeirismo para os próximos meses.
Durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro realizaranse as cinco rutas de sendeirismo coas que conta o Concello de Trabada (Ruta da Subida ó Picato; Ruta da Fraga da Vilapena; Ruta do Vento; Ruta do Monte Roxal-Teixido, e Ruta Fraga da Becerreira).
“Con esta actividade, organizada conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso, queremos dar a coñecer as nosas rutas e potenciar así mesmo os hábitos saudables e o deporte”, explica o alcalde, Rubén García.
“Quero agradecer a boa disposición da asociación de sendeirismo para a elaboración deste programa, potenciando desta forma este turismo de...
leer másA Pontenova acollerá o día 11 de maio, sábado, a décimo quinta edición da Concentración de Sendeirismo que organizan o Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas.
Os participantes percorrerá a nova ruta das minas, de 10,1 quilómetros e con dificultade media.
As actividades empezarán ás 09:30 horas coa concentración na Praza dos Fornos dos participantes, que sairán ás 10:00 horas cara ó comezo da ruta. Para as 14:35 horas está previsto o remate da andaina e o xantar, a base de bolos de liscos, bolos preñados, sobremesa e bebidas. E ás 16:00 horas haberá sorteo de agasallos entre os participantes.
Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 9 de maio.
A asociación Terras de Lourenzá organiza un fin de semana de rutas de sendeirismo do xoves 16 ao domingo 19 de maio, pola montaña palentina, en Cervera de Pisuerga. Farán tres rutas (venres, sábado e domingo), de diferente distancia e dificultade.
A saída será o xoves ás 16:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 13 de maio, chamando ao teléfono 647.06.70. 54 (Javier). O prezo é de 230 euros para os socios do colectivo organizador e de 280 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, participará o 27 de abril, sábado, nunha marcha en apoio á Senda do Navia, que se celebrará no municipio asturiano de Illano.
Os Sendeiros explica que “habrá dos rutas fáciles, una de 6 kilómetros y otra de 10. Tendremos bolsa de avituallamiento, comida de confraternidad y baile”.
A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 19 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
... leer másA Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a ruta de Poncebos a Bulnes, en Asturias, o sábado 13 de abril. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son. Inclúe autobús e seguro. Para a comida pódese levar bocadillo para comer durante o camiño, pero tamén hai restaurantes na zona. A saída será ás 07:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade moderada, con 9 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
A organización explica que “este roteiro levaranos, nun curto pero intenso paseo, dende Poncebos ao típico pobo de Bulnes, en pleno corazón dos Picos de Europa, a través da Canal do Texo, un impresionante desfiladeiro formado por un antigo glaciar que partía da...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta dos Viñedos de Belesar, no concello de Chantada, para o 13 de abril, sábado. A distancia a percorrer son 10 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 10 de abril, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 14 de abril, domingo, a ruta dos Faros, desde Malpica, na Costa da Morte. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 11 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 24 de marzo, domingo, a ruta Seimeira de Vilagocende, no concello da Fonsagrada. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar de cocido, son: 55 euros para socios federados, 60 euros para socios non federados e 65 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 19 de marzo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de 8,5 quilómetros con dificultade media-alta, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza percorrido pola ruta Mina Carmina, no municipio asturiano de San Martín de Oscos, para o 16 de marzo, sábado. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 13 de marzo, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.