Sendeirismo
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 14 de xaneiro, domingo, unha ruta de Vegadeo a Abres, en Asturias. É a primeira que organizan neste ano 2024. A saída desde Foz será ás 09:00 horas e ás 09:20 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 10 de xaneiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade baixa, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Sor, no municipio de O Vicedo, para o 16 de decembro, sábado. A distancia a percorrer son 13,5 quilómetros -da Ponte do Porto a Morgallón- e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.
A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 13 de decembro, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 3 de decembro, domingo, unha ruta polo monte Castelo, en Viveiro. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:20 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 29 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Os organizadores destacan que esta ruta “nos acercará a Viveiro, para subir al mirador del...
leer másA asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Bierzo (León) os días 11 e 12 de novembro. O sábado farán a ruta Valle del Silencio, que ten unha distancia de 10,6 quilómetros e é de dificultade media alta. E o domingo percorrerán a ruta de Salto del Pelgo a Toral de los Vados, cunha distancia de 7 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será o sábado ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do mércores 8 de novembro chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 100 euros para os socios do colectivo organizador e de 110 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.
Os organizadores explican: “o sábado faremos parada en Vega de Valcarce para almorzar, a ruta comezará arredor das 9:45horas e...
leer másA asociación Pasada das Cabras, de Burela, participará o 5 de novembro nunha ruta organizada pola A.C. Amigos do Patrimonio de Castroverde. Trátase dun percorrido de 10 quilómetros, de dificultade baixa. O prezo para os socios é de 15 euros e para os non socios de 20 euros (inclúe autobús + seguro). A comida será por libre, é de feira en Castroverde. Desde Pasada das Cabras sinalan que “os que queiran poden comer o pulpo, tamén hai restaurantes ou que cada un leve a súa comida”.
A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela. Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou nos teléfonos: 982 580 504 – 657 82 11 94 (con whatsapp) antes do vindeiro 2 de novembro.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 12 de novembro, domingo, unha ruta desde o Barqueiro ata Estaca de Bares. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:20 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 8 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Agüeira, no municipio asturiano de Pesoz, para o 21 de outubro, sábado. A distancia a percorrer son 10,5 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 17 de outubro, chamando aos teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.
O Concello de Viveiro anunciou hoxe a dixitalización de máis de 80 quilómetros de rutas de sendeirismo e paseos, dentro do programa ‘Descubre Viveiro’, para impulsar o turismo sostible e de natureza.
A presentación das rutas correu a cargo da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Turismo, Marisol Rey, e Horacio Albo, de EI Estudio de Comunicación.
“Desta maneira, foméntase un turismo desestacionalizado e respectuoso cos nosos numerosos recursos naturais, o Souto da Retorta, a ruta dos Muíños de Balea, a subida aos nosos montes máis importantes, San Roque, Castelo, Penedo do Galo, o paseo fluvial, o paseo marítimo e moitos máis, evitando deste modo as masificacións nun so lugar”, explicou a alcaldesa de Viveiro.
Marisol Rey engadiu que “os visitantes poden consultar...
leer másA asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo en Aller (Asturias) do 22 ao 24 de setembro. O sábado 23 farán a ruta Peña Mea, que ten unha distancia de 12 quilómetros e é de dificultade media alta. E o domingo percorrerán a ruta Foces del Pino, cunha distancia de 8 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será o venres 22 ás 18:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 19 de setembro, chamando ao teléfono 647.06.70.54. O prezo é de 120 euros para os socios do colectivo organizador e de 140 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión incluíndo o xantar do domingo. As prazas son limitadas.
O Concello de Trabada organiza rutas de sendeirismo durante o verán. Todas elas darán comezo ás 10 horas na Oficina de Turismo cada mércores e domingo de agosto. Para participar, é preciso anotarse nos teléfonos 982-14-39-56 e 982-13-50-11 en horario de 10 a 14h ata o día antes da ruta que se desexe realizar.
A primeira ruta será o mércores 9 pola Fraga de Becerreira, que se repetirá tamén o domingo 27. Seguidamente, o 13 poderá realizarse a ruta do Monte Roxal-Teixido e o mércores 16 a ruta do Vento. Tamén, o domingo 20 está organizada a ruta da Subida ao Picato, que tamén está prevista para o domingo 30.