O Concello e a asociación Trabada Paso a Paso organizan 5 rutas de sendeirismo, que se desenvolverán de xuño a novembro

O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso presentaron o programa de sendeirismo para os próximos meses.

Durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro realizaranse as cinco rutas de sendeirismo coas que conta o Concello de Trabada (Ruta da Subida ó Picato; Ruta da Fraga da Vilapena; Ruta do Vento; Ruta do Monte Roxal-Teixido, e Ruta Fraga da Becerreira).

“Con esta actividade, organizada conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso, queremos dar a coñecer as nosas rutas e potenciar así mesmo os hábitos saudables e o deporte”, explica o alcalde, Rubén García. 

“Quero agradecer a boa disposición da asociación de sendeirismo para a elaboración deste programa, potenciando desta forma este turismo de deporte e natureza que é tan característico en Trabada”, engade o alcalde.