Sendeirismo

Etiquetas:
08/06/2021

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta a Santo Tomé de Recaré, no Valadouro, este sábado, día 12 de xuño.

A saída será ás 10 da mañá da estación de autobuses de Burela.

Non é preciso anotarse. Cada un terá que levar a súa comida e o desprazamento farase en coche propio.

A organización informa que a ruta ten unha lonxitude de 7 quilómetros cun nivel de dificultade baixa, e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.

 

Etiquetas:
10/05/2021

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza un paseo fluvial polo río Landro, en Viveiro, o domingo 16 de maio.

A saída será, ás 10:00 horas, da Estación de Autobuses de Burela e o desprazamento realizarase en coches. Para participar non é necesario anotarse.

A organización informa que é unha ruta moi recomendada para os nenos e ten unha lonxitude de 7´79 quilómetros bordeando o río Landro, declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).

Haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.

 

Etiquetas:
04/05/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polas Fontes e os Regos de Riotorto, que terá lugar o 16 de maio.

A saída será ás 9:00 horas de Foz (diante de Cenor) e de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 14 de maio nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 3 euros para o socio non federado e 4€ para o socio temporal. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización informa que a ruta ten un lonxitude de 8 quilómetros e un nivel de dificultade medio. Ademais recomenda levar equipo de sendeirismo, mascarilla e xantar. O desprazamento farase en coche.

Se o tempo o permite os participantes xantarán no remate da ruta e pola tarde farán a que...

leer más
17/04/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro pola ruta das Minas, na Pontenova, o 25 de abril. A saída será ás 9:00 horas de Foz (diante de Cenor) e de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 23 de abril nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 e no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, máscara e lanterna para poder camiñar por algún túnel, e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio cunha distancia de 12 quilómetros. Se o tempo o permite, os participantes xuntaranse para comer cumprindo os protocolos da pandemia.

O Concello de...

leer más
02/04/2021

A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo inicia a partir do 10 de abril todos os sábados pola mañá roteiros de sendeirismo por Mondoñedo. Serán en grupos de seis persoas cun monitor que guiará as mesmas por distintos sitios do municipio.

O primeiro roteiro realizarase ao Mosteiro dos Picos e ao Castro de  Zoñán. 

Para apuntarse aos roteiros ou informarse as persoas interesadas poden chamar ao  teléfono 605.790.091 (Raúl).

 

Etiquetas:
20/03/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras mindonienses. Será o sábado, 28 de marzo.

A saída terá lugar ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e tamén a esa hora desde Ferreira. O desprazamento realizarase en coche.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 26 de marzo nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla. A ruta, dun nivel medio de dificultade, ten unha lonxitude de 13´5 quilómetros e discorre por Supena. 

O Concello de Foz colabora na organización deste evento. A actividade levarase a cabo se a situación sanitaria o permite e seguindo os protocolos oportunos.

 

Etiquetas:
11/01/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta do ano ao alto do Picato, en Trabada, o vindeiro domingo, 17 de xaneiro.

A saída será ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 9:00 horas tamén desde Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o venres, 15 de xaneiro, nos números de teléfono 606 718 482 ou 670 369 017 e na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. A actividade é de balde para os socios federados e ten un prezo de 3 euros para os socios non federados e de 4 euros para o socio temporal.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade. 

Etiquetas:
30/11/2020

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza  unha ruta polo val de Lourenzá, o vindeiro domingo, 6 de decembro.

A saída será ás 9:00 horas, diante de Cenor en Foz, e tamén ás 9:00 de Ferreira. O desprazamento farase en coche.

O prezo será 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade será gratuíta para os socios federados.

Para asistir é obrigatorio anotarse ata o venres 4 de decembro e as inscricións pódense facer nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla, e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta...

leer más
Etiquetas:
09/11/2020

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta para este domingo, 15 de novembro, que percorrerá a zona de Ribadeo. Partirá de Acevedo e rematará no mesmo punto, pasando polo alto do Mondigo e o monte de Santa Cruz, onde será o xantar.

A saída será ás 9:00 horas, de Foz, diante de Cenor, e ás 8:45 horas desde Ferreira.
Para participar é preciso anotarse e poderase facer ata o venres 13 nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeirros@yahoo.es

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla, ademais do xantar. O desprazamento farase en coche. A ruta ten un nivel de dificultade medio e unha lonxitude de 15 quilómetros.

A actividade terá un custo de 3 euros para os socios non federados e 4 para o socio...

leer más
12/08/2020

O Concello de O Vicedo organiza este mércores, 12 de agosto, unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks. A ruta de sendeirismo comeza en Ponte Ulló para rematar en Ribeiras do Sor onde sae a ruta en kayak ata o Porto do Vicedo.

O xoves 13 ás 21:00 horas  terá lugar a entrega de premios do Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo. Celebrarase ademais un coloquio cos propios fotógrafos en torno ás imaxes presentadas.

O sábado 15 ás 10:00 horas, haberá unha ruta en kayaks con subida do río Sor. A saída será do porto do Vicedo e o final no entorno de Ribeiras do Sor. O prezo por persoa é 17 euros e a inscrición é obrigatoria para as actividades de natureza o teléfono 982 59 01 95.

Por mor das medidas sanitarias de prevención fronte ao Covid-19, haberá limitación de aforo a 20 persoas para as...

leer más