Sendeirismo
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 14 de abril, domingo, a ruta dos Faros, desde Malpica, na Costa da Morte. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 11 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 24 de marzo, domingo, a ruta Seimeira de Vilagocende, no concello da Fonsagrada. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar de cocido, son: 55 euros para socios federados, 60 euros para socios non federados e 65 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 19 de marzo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de 8,5 quilómetros con dificultade media-alta, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza percorrido pola ruta Mina Carmina, no municipio asturiano de San Martín de Oscos, para o 16 de marzo, sábado. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 13 de marzo, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a ruta Camiño Vello de Aldosende, en Paradela, o sábado 9 de marzo. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade moderada, con 11 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes do 7 de marzo.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará do 21 ao 23 de xuño unha ruta por Pena Trevinca e Puebla de Sanabria. A saída desde Foz será o venres día 21 ás 16:00 horas e ás 16:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, en réxime de pensión completa, son: 260 euros para socios federados, 265 euros para socios non federados e 270 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 27 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade medio-alta, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Os responsables de Os Sendeiros explican que “la ruta del mes de junio será para...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta por Río de Porcos, en Negueira de Muñiz, para o 24 de febreiro, sábado. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán un cocido tradicional nun restaurante da zona. As prazas están limitadas polo aforo do local.
A saída será ás 07:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 20 febreiro, chamando aos teléfonos 619.82.87.84 (Pura) ou 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.
O colectivo organizador explica: “a ruta de febreiro levaranos por primeira vez ata Negueira de Muñiz. Trátase dunha ruta por asfalto, polo que non son precisas botas de...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 25 de febreiro, domingo, unha ruta desde Cadavedo a Querúas, no municipio de Valdés (Asturias). Servirá para retomar o irmandamento do colectivo focego co grupo de montaña MIES, de Oviedo. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 20 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade baixa, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
... leer másA asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta Río Eo-Pena Millares, en Ribeira de Piquín o domingo 4 de febreiro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade moderada, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo Camiño Natural do Cantábrico, desde o porto de Burela ata San Cibrao (Cervo), para o 21 de xaneiro, domingo. A distancia a percorrer son 12,5 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Noso Lar, de San Cibrao.
A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 17 de xaneiro, chamando aos teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
O colectivo organizador explica: “imos inaugurar o noso calendario de camiñadas de 2024. Como vén sendo habitual nos últimos anos, xaneiro é o mes escollido para ir completando tramos do Camiño...
leer másA asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta da Carballeira, en Sobrado dos Monxes, este sábado, 13 de xaneiro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado e explica que é unha “ruta circular y sencilla por la carballeira de Sobrado dos Monxes, donde se rodaron escenas de la película El Bosque Animado”.