Sendeirismo
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá conmemora o sábado, 5 de agosto, o seu 10º Aniversario, desde que se constituíra aló polo ano 2013.
Aproveitando o “Día do Socio” que celebran cada ano coincidindo coa andaina do mes de agosto, nesta ocasión, se cabe, toma un significado máis especial, por esa primeira década que levan compartindo camiñatas xuntos.
Para esta ocasión, escolleron unha ruta “entre lusco e fusco”, que os levará por diversos puntos do Concello de Lourenzá, adentrándose nalgún lugar do veciño Concello de Mondoñedo, para rematar de novo en Vilanova. Será a denominada “Ruta da Algara” por ser esta unha das zonas polas que pisarán os camiñantes. Consta dunha distancia de 10kms e dificultade baixa; e recomendan desde a organización levar chalecos reflectantes para evitar perigo nas zonas de...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras leonesas o día 18 de xuño.
A andaina terá un percorrido de 12 quilómetros e discorrerá entre Faedo de Ciñera e a Cueva de Valporquero cun nivel de dificultade media. A saída será ás 6:30 horas de Foz e ás 6:45 de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o luns 12 de xuño nos teléfonos: 606 718 482 e 670 369 017; ou no e-mail: ossendeiros@yahoo.es.
Os prezos son: 30 euros para os socios federados, 35€ para os socios non federados e 40 euros para os socios temporais. Non está incluído o importe da entrada á Cueva de Valporquero, que é de 8´5€.
Recoméndase levar a comida e equipo de sendeirismo.
O Concello de Foz colabora na...
leer másA asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta a Piornedo (Ancares) os días 16, 17 e 18 de xuño.
A saída será o venres 16 ás 18:30 horas do Cantón de Vilanova. O sábado 17 terá lugar a ruta do Pico Agulleiro, de 14 quilómetros e unha dificultade media-alta; e o domingo 18 a do Sendeiro Novo, de 8 quilómetros e dificultade baixa.
As persoas interesadas poden inscribirse antes do 14 de xuño ás 20:00 horas, no teléfono 647 06 70 54. Os prezos son: 110 euros para os socios e 120€ para os non socios. O réxime de aloxamento é de media pensión. A asociación subvenciona parte da viaxe aos socios. As prazas son limitadas.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola Fraga de Vilapena, no municipio de Trabada, para o 27 de maio, sábado. A distancia son 10,3 quilómetros e a dificultade é meida-baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no mesón Camiño Norte, de Trabada.
A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas do 24 de maio, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son.
A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo polo parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Terá lugar do 12 ao 14 de maio.
O sábado os participantes realizarán a ruta Corga da Fecha, en Lobios. Trátase dun percorrido de 15 quilómetros e de dificultade media. E o domingo farán a ruta das Queguas, por Entrimo. Neste caso o percorrido é de 8 quilómetros e de dificultade baixa.
As persoas interesadas en obter máis información e en inscribirse poden facelo ata o 9 de maio no teléfono 647 06 70 54 (Javier). O prezo para os socios e socias será de 120 euros e para os non asociados de 135 euros.
Desde Terras de Lourenzá explican que ademais das rutas que recolle o cartel, outros datos de interese desta viaxe: o sábado comeremos en ruta, polo que é preciso...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta das Lagoas, no municipio de Cospeito, para o 23 de abril, domingo. A distancia son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante Casa Paca, de Xermar.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas do 19 de abril, chamando ao teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 5 de marzo, domingo, unha ruta por Navia de Suarna, onde os participantes comerán cocido. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar de cocido, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 28 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Os organizadores explican que “es una hermosa ruta en un paraje muy bonito y...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola senda fluvial Trimaz-Cabreiros, no municipio de Xermade, para este sábado, día 11 de febreiro. A distancia son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante Casa Cándida, de Viveiró.
A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14 horas deste xoves, día 9, chamando ao teléfonos 699.70.60.31 ou 619.37.80.29. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha andaina pola ruta do río Trimaz, entre Cabreiros e Xermade. Será este sábado, 14 de xaneiro.
Trátase dunha ruta de 10 quilómetros moi bonita o lado do río, a única dificultade que ten é unha pequena subida pero nada fora do normal, é moi sinxela. Recomendase levar botas e bastón xa que o suelo é bastante esvaradizo. Para anotarse coma sempre e o día límite o xoves día 12.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta desde Peizás, en Foz, ata a praia do Cantiño, en Burela, para este domingo, 15 de xaneiro. A distancia son 10 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante El Descanso, de Foz.
A saída será ás 09:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas deste xoves, día 12, chamando ao teléfonos 699.70.60.31 ou 619.37.80.29. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 para euros para os que non o son.