Sendeirismo
05/04/2015
O vindeiro domingo,12 de abril, o Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE, organiza a segunda ruta deste ano. Segundo explican desde a organización "a ruta que se vai facer é pola Costa da Morte, a primeira etapa da denominada O Camiño dos Faros. Trátase dunha ruta de Gran Recorrido (GR) de 200 km. e que vai dende Malpica de Bergantiños ata o Cabo Fisterra, todo pola Costa da Morte, seguindo os Faros. Nesta saída empezaremos no Faro do Porto de Malpica e percorreremos 20 km. de Costa ata chegar o Faro de Nariga. A ruta pasa polo Cabo San Adrian, enfronte das Illas Sisargas, e por 6 preciosas praias, como son a de Beo, a de Seiruga ou a de Barizo. O final desta ruta será no espectacular Faro Nariga. Un faro-monumento feito polo arquitecto, Cesar Portela. O entorno está cheo de maxia, pois existen grandes formacions...
leer más 02/04/2015
A saída desde as inmediacións do Concello de Foz está prevista para as 8 da mañá. O prezo da ruta, con xantar incluído, será de 20 euros. Os interesados en acudir poden anotarse ata o 10 de abril nos teléfonos 670 369 017 ou 696 236 020 e tamén na seguinte dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es
Os Sendeiros de Foz recomendan leval equipo de sendeirismo e explican que a dificultade da ruta por Pol é media.
25/03/2015
O grupo de sendeirismo da ACD Xove desprazarase ata a Costa da Morte o 12 de abril. Será para facer a primeira etapa da Ruta O Camiño dos Faros, que discorrerá entre Malpica e a praia de Niñóns. Son 22 quilómetros de percorrido “por unha costa espectacular”.
O colectivo comezou o pasado domingo, día 22 de marzo, o seu programa de Rutas para o presente ano 2015. “Nesta primeira ruta, o Grupo non saíu da Mariña, pois fixemos a Ruta Praia das Catedrais - Porto de Foz de 20,5 km. O Grupo desprazouse en autocar ata a Praia das Catedrais onde fixeron a saida ás 10:30 da mañá e chegou ao Porto de Foz, a primeira hora da tarde, onde os esperaba o autobús para levalos de volta a Xove”, explican desde a ACD Xove.
Os organizadores engaden que...
leer más 20/03/2015
El grupo de montaña del CD Marqués de Casariego, de Tapia, realizará una ruta al Alto de la Marta-Pico Panchón-Pola de Allande el 28 de marzo.
Las personas interesadas en acudir pueden inscribirse hasta el 26 de marzo en los siguientes teléfonos: 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Javi) o 608 540 828 (Eva). También a través del correo electrónico: cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es
La salida se efectuará a las 7 de la mañana desde Tapia y habrá paradas en Salcedo y Luarca. El precio para los socios colaboradores será de 3 euros, para los socios de 5 euros y para los no socios de 12 euros. Los organizadores informan que los que lo deseen podrán acudir a la comida opcional que se...
leer más 19/03/2015
As dúas rutas terán lugar os días 3 e 4 de abril (venres e sábado), con saída ás 9 da mañá das inmediacións do Concello e con regreso ás 13:30 horas. A actividade é gratuíta.
A organización recomenda levar roupa e calzado de sendeirismo. A dificultade das rutas é media. Desde Os Sendeiros sinalan que “esta actividade nos permitirá gozar camiñando pola contorna de Foz neses días de vacacións”.
18/03/2015
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará a ruta dos Muíños de Poñente, en Castroverde, o vindeiro domingo, 22 de marzo. Segundo explican os organizadores “a distancia desta ruta é de 12 quilómetros e a dificultade de realización é media-baixa. A comida será por libre na feira de Castroverde. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata mañá, 19 de marzo, ás dúas da tarde por correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com ou por teléfono no 982 12 10 06 (Pepe) ou 658 09 71 33 (Miguel).
O prezo para os socios será de 5 euros e para os non socios de 8 euros. A saída para a ruta será o domingo ás 8:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá.
17/03/2015
O Grupo de Montaña Peña Tallada, de Ribadeo, fará unha viaxe ao Valle de Baztan (Navarra) durante a Semana Santa.
Segundo explican desde a organización o aloxamento será no hotel Urgain en Oronoz-Mugaire. Ata o momento son 38 as persoas inscritas para participar nesta actividade, que inclúe varias rutas: unha polo monte Buciero, en Santoña (Cantabria); outra polo parque natural Señorío de Bertiz; e unha terceira pola Peña Planta/Atxuria e Covas de Zugarramurdi. A viaxe concluirá cunha visita a San Sebastián.
O prezo da habitación dobre é de 44 euros (ive incluído) e da individual de 33 euros (ive incluido). O prezo do xantar ou cea: 11 euros e o almorzó 4 euros.
09/03/2015
O próximo domingo, 15 de marzo, a partir das 19:00horas na Aula de Formación do Concello de Xove o Grupo de Sendeirismo da ACD Xove. E fará a presentación das rutas de sendeirismo para o presente ano 2015.
Un total de 8 Rutas, dende o mes de marzo ata o mes de novembro. A primeira será o día 22 de marzo.
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove está formado por cerca de cen persoas.
Esta sección de Sendeirismo está dada de alta na Federación Galega de Montañismo, e 30 dos seus membros teñen licenza ca citada Federación.
02/03/2015
A Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto facer o vindeiro sábado, 7 de marzo, a ruta Camiños de Santaballa en Vilalba. Son 12 quilómetros e a dificultade é baixa.
O prezo será de 25 € para os socios e de 30 para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 9 da mañá da Estación de Autobuses de Burela. Recoméndase levar botas e bastón.
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben n o teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 5 de marzo ás 20.00 horas.
27/02/2015
Os Sendeiros de Foz teñen programada unha nova saída ao Desfiladero de las Xanas, en Proaza (Asturias). Será o 15 de marzo, domingo.
A saída está prevista para as 7.30 horas desde as inmediacións do Concello focense. O prezo para os socios é de 30 euros e para os non socios de 35 euros. No mesmo inclúese o xantar.
As persoas interesadas en asistir a este andareiro poden anotarse ata o 11 de marzo nos seguintes teléfonos: 670 369 017 ou 696 236 020. Tamén poden facelo enviando un correo electrónico a ossendeiros@yahoo.es
Desde a organización recomendan levar equipo de sendeirismo. A dificultade da ruta é media.