Rinlo
26/03/2016
Cun acto celebrado na tarde noite de onte, venres, o restaurante A Cofradía de Rinlo, que é famoso polo seu arroz caldoso de marisco, presentou a súa propia cervexa artesá, chamada Salgadiña e que entre os seus ingredientes ten auga de mar, pero tamén leva auga, malta, lúpulo e fermento. Os promotores desta nova bebida, que polo de agora só se pode mercar na Cofradía de Rinlo, son o produtor de cervexas artesás, Alberto Curiel; o propietario do restaurante, Gerardo Martínez, e David Alvariño, amigo de ambos que foi o que tivo a idea, o que os puxo en contacto e o que deseñou as tres etiquetas diferentes que teñen as botellas de Salgadiña.
Alberto Curiel, lucense que é o produtor da cervexa artesá Aloumiña, explicou que ten en...
leer más 21/10/2015
A compositora e cantora Ugia Pedreira xunto co artista bretón Pierrot Rougier e sua picariña Lua Avel chegaron ao característico pobo de Rinlo e ali falaronlles do desaparecido coro rinlego. Foi entón que amizades da Mariña próximas aos artistas apuxaronnos e animaronnos à idea de que fosen eles quenes promoveran un coro diferente e mixto parar a comarca e occidente de Asturies.
Recollendo diversos pareceres puxeronse maos a obra, e desde o bon facer e entender da As. O Cantal de Veciños de Rinlo é agora que se abre a convocatoria de voces para o futuro Coro da Mariña que terá como local de xuntanza a Escola Vella de Rinlo, a antiga escola indiana.
Faise pois unha chamada pública a quenes queiran animarse a cantar en...
leer más 16/07/2015
O vindeiro 1 de agosto celebrarase a XII Festa do Percebe, en Rinlo. No evento, que foi presentado mañá, poranse á venda arredor de 700 quilos de percebe, que se venderán a 13 euros a ración (de 250 gramos). O Concello coorganiza a festa xunto coa confraría de pescadores. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que sexa un éxito.
O rexedor dixo que “por décimo segunda vez estamos aquí nesta iniciativa inventada hai algún tempo, igual que o Ribadeo Indiano e que outras tantas cousas, pero aquelas que se crean e que funcionan ben hai que seguir traballando nelas. Se cadra ao principio o Concello dirixiu a Festa do Percebe durante aqueles primeiros anos, pero xa desde bastante tempo atrás estámola coorganizando coa confraría de pescadores de Ribadeo, concretamente coa sección de...
leer más 09/07/2015
O Concello de Ribadeo presentou esta mañá dous itinerarios de rutas xeolóxicas ao longo da praia das Catedrais e da costa de Rinlo, coas que quere mellorar os coñecementos dos visitantes sobre a orixe e as peculiaridades xeomorfolóxicas do seu litoral. O proxecto, listo para os visitantes a partir do día 15 de xullo, consiste en dous roteiros gratuítos a cargo de tres guías formados expresamente para esta tarefa dende o pasado inverno. Os interesados en participar na iniciativa poderán apuntarse tanto a pé de praia e en Rinlo uns minutos antes de comezar a ruta, así como na oficina de turismo da vila e no punto de información turística das Catedrais. Ademais, tamén se poderá facer a inscrición na páxina web do Concello. Os grupos serán dun máximo de 15 persoas. O Concello agarda xuntar 510 persoas á semana na...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4