Rinlo
A Coral Polifónica de Ribadeo actuará o 20 de novembro na igrexa parroquial de San Pedro de Rinlo. Será ás 12:00 do mediodía para celebrar o día de Santa Cecilia.
El Laberinto de Rinlo, en el municipio de Ribadeo, acogerá el día 13 de agosto, sábado, un espectacular evento de ocio alternativo, denominado Cazadores de Demonios, que es una mezcla de real game y rol en vivo, en el cual los jugadores interpretan un papel, investigan y resuelven enigmas. Así lo explica la empresa organizadora, World Real Games, que promueve este tipo de eventos por toda España desde hace nueve años y esta es la primera vez que lo hace en Galicia.
Los responsables de World Real Games indican que “Cazadores de Demonios es un nuevo tipo de evento de ocio nocturno donde los participantes son parte de una historia terrorífica y tienen que luchar por su supervivencia huyendo de enemigos, siendo sigilosos o resolviendo enigmas. Durante seis horas los participantes deberán ir completando objetivos que los actores de la...
leer másMañá, 30 de xullo, en Rinlo celébrase un ano máis a súa renomeada Festa do Percebe. Uns 800 quilos serán ofrecidos dende o mediodía a un prezo popular de 15 euros a ración. A xornada estará amenizada por un grupo de música tradicional Con Faldas y a lo Loco, por Catuxa Salom, artista que fusiona música galega con ritmos tribais latinoamericanos, e por un dj.
Unha vez máis o Concello de Ribadeo colabora na organización deste importante evento con os/as mariscadores da Confradía de Ribadeo-Rinlo, e este ano por primeira vez a Concellaría de Turismo xunto coa Asociación de Veciños O Cantal instalará unha caseta onde se ofrecerá información turística sobre este pobo mariñeiro e o concello de Ribadeo en xeral.
Para a ocasión esta área acaba de lanzar un folleto monográfico sobre este porto histórico de orixe medieval...
leer másO vindeiro 30 de xullo celébrase a XVII Festa do Percebe de Rinlo, que está coorganizada polo Concello e pola Confraría de Pescadores de Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, declarou: “énchenos de orgullo poder volver presentar esta festa, esta XVII Festa do Percebe, dunha parroquia que quere poñer en valor un dos máis prezados produtos que nos dá o mar así como o duro traballo que fan este colectivo de percebeiras e percebeiros de Rinlo e de Ribadeo”.
O rexedor indicou que “desde o Concello coorganizamos coma todos os anos esta festa xunto ca Confraría de Pescadores de Ribadeo e para iso pretendemos ofrecer o mellor das nosas capacidades para que esta festa volva ser un foco de atracción de xentes de aquí e de acolá para gozar dun día de festa na nosa parroquia mariñeira de Rinlo como vai ser o sábado 30 de...
leer másErikas e Peluxías e a asociación A Tribo da Travesía organizan, coa colaboración do Concello de Ribadeo, un obradoiro de percusión africana que se celebrará o vindeiro xoves, 16 de decembro, de 19:30 a 21:30 horas, na escola vella de Rinlo.
As persoas interesadas poden anotarse por whatsapp no 649 808 993. As prazas son limitadas. Para participar non é preciso levar instrumento nin ter coñecementos previos.
Ás 21:30 horas soarán os ritmos africanos nos tambores de Thorsten e Paz.
Sobre unhas redes mariñeiras reutilizadas, desde o pasado 27 de decembro, está aberta na igrexa parroquial de Rinlo (Ribadeo) unha exposición de fotografía documental que recolle instantáneas de placas e lápidas da igrexa e o cemiterio locais. A mostra reúne un conxunto de fotografías de epitafios e de placas colocadas na igrexa con dous motivos diferentes: a restauración dunha embarcación exposta no templo e a homenaxe ao sacerdote Alfonso Pampín, que exerceu nesta parroquia de Ribadeo durante trinta e nove anos, entre 1954 e 1993.
Ordinariamente a mostra estará aberta todos os domingos do mes de xaneiro, mais tamén existe a posibilidade de facer visitas guiadas para aquelas persoas que concerten previamente a visita, durante a cal se mostrarán ao público interesantes exvotos do século XIX así como o retablo do altar maior, obra de...
leer másACISA Ribadeo presentará as denominacións Vila Mariñeira de Rinlo e Barrio Mariñeiro de Porcillán co fin de promocionar eses lugares e levar a cabo actividades propias para eles. A primeira será unha exposición fotográfica que será inaugurada nos vindeiros días.
A asociación cumpre así co compromiso adquirido por parte da súa executiva e da xerencia na asemblea xeral celebrada o pasado mes de xaneiro que, a pesares da actual situación, puido sacar adiante coa colaboración da Xunta de Galicia.
ACISA Ribadeo presentou hoxe estas dúas novas denominacións: Vila Mariñeira de Rinlo e Barrio Mariñeiro de Porcillán. Con estas marcas, a patronal ribadense busca potenciar a imaxe turística de ambos lugares, poñendo en valor a súa gastronomía, a súa contorna e as súas opcións de ocio.
O presidente...
leer másQuedan uns días para inscribirse na III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que se celebrará o día 24 deste mes, sábado.
Desde a organización, que corre a cargo do Club Atletismo Ribadeo, explican que “fican uns días para que se dispute a III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que celebrará o sábado 24 de agosto, vencellando as vilas de Rinlo e Ribadeo na proba absoluta, de 8,7 quilómetros. O evento dará comezo ás 20:00 horas para as categorías dos cativos até alevín diante do Concello de Ribadeo e na contorna do Parque de San Francisco. Os infantís e cadetes terán a súa saída dende a Illa Pancha ás 21:30 horas, mentres que a proba absoluta será ás 21:45 horas dende a Praza de Santa Catalina, en Rinlo”.
Os organizadores deste evento deportivo engaden que “haberá trofeos para todas as categorías, incluíndo á derradeira...
leer másO 3 de agosto celebrarase a XVI Festa do Percebe de Rinlo, que foi presentada esta mañá a carón das vellas cetáreas. En total vanse poñer á venda, na carpa da organización, 750 quilos deste produto e o prezo da ración será de 13 euros. Como novidade haberá visitas guiadas ás antigas cetáreas de Rinlo, unha pola mañá e outra pola tarde, e tamén un vaso conmemorativo deste evento gastronómico.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, declarou que “é a décimo sexta edición da Festa do Percebe de Rinlo, van máis de tres lustros desde esta idea que xurdira do Concello de Ribadeo nos primeiros anos, e despois foi trasladada á confraría de pescadores, singularmente a esta agrupación de percebeiros e percebeiras que a compoñen. Durante todo este tempo estiveron facendo unha festa que atrae a moitísima xente, que se fai no mellor da época estival,...
leer másO 24 de agosto celebrarase a terceira edición da carreira nocturna Rinlo-Ribadeo.
A proba ten unha distancia de 8´7 quilómetros para a categoría Absoluta, 2´5 quilómetros para as categorías Infantil e Cadete, 600 metros para os alevíns, 350 metros para os benxamíns, 150 metros para os prebenxamíns e 60 metros para a categoría Pitufos.
As inscricións poden facerse en championchip.com e o prezo, nas categorías absolutas, é de entre 8 e 10 euros.
Á categoría Pitufos corresponden @s nad@s no ano 2014 e posteriores; Prebenxamín, do 2012/2013; Benxamín, do 2010/2011; Alevín, do 2008/2009; Infantil, do 2006/2007; Cadete, do 2004/2005; e Absoluta, do ano 2003 e anteriores.
A saída será ás 20:00 horas para a categoría Pitufos, ás 20:05 h. para os prebenxamíns, ás 20:15 h. para os benxamíns,...
leer más