Rinlo
A Concellaría de Turismo organiza durante o mes de agosto cinco rutas diferentes para promocionar o patrimonio natural e cultural do concello. A través do patrimonio natural ribadense discorrerán a Ruta dos Pregues, que sairá de Piñeira, e a Ruta dos Ollos e do Percebe, que terá como punto de saída Rinlo. A Ruta dos Pregues realizarase os luns do mes de agosto, e a dos Ollos e do Percebe os martes. E a través do patrimonio cultural de Ribadeo haberá tres rutas, unha por Arante para coñecer as pinturas murais do Santuario das Virtudes, outra pola pegada indiana da vila e a terceira é a que discorrerá polo Ribadeo dos Comerciantes. A ruta pola pegada indiana da comezo mañá, 1 de agosto. As persoas interesadas en participar en calquera destas cinco poden inscribirse xa na oficina de turismo de Ribadeo.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez,...
leer másLa actriz y cantante Belinda Washington ofrecerá su concierto en acústico Entre amigos el próximo 28 de julio en el restaurante A Cofradía de Rinlo.
La actuación, en la que estará acompañada por Alberto Torres, dará comienzo a las 23:00 horas.
Además O Bruxo Mon presentará su espectáculo A Maxia da Queimada.
Organiza el restaurante A Cofradía de Rinlo con el patrocinio de Rinlo Mola, A Salgadiña, Ramón Bilbao y Mar de Frades.
A II Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que organiza o Club de Atletismo ribadense coa colaboración do Concello, terá lugar o 18 de agosto con saída ás 21:45 horas. O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes, David Rivas, e por directivos do Club de Atletismo de Ribadeo como a presidenta, Ana Ferradás, e o vocal Arximiro García. No acto tamén participou Verónica Baciero, representante dunha das firmas que colaboran con esta cita deportiva.
O edil de Deportes dixo que “desde o Concello valoramos moi positivamente que os clubs organicen este tipo de actividades como esta II Carreira Nocturna Rinlo –Ribadeo. Dado o éxito de participación que tiveron na primeira edición é moi bo sinal que este ano se repita e poidan mellorar aínda ese número de participantes que roldou os catrocentos. É unha carreira de verán que case é unha antesala...
leer másMañá, venres, pola noite Acisa en colaboración coa Xunta de Galicia organiza un espectáculo en Rinlo “co fin de dinamizar algunhas parroquias tan importantes coma esta, que conta cuns establecementos hostaleiros e gastronómicos de grande categoría como son A Cofradía, El Portillo, A Mirandilla ou Porto de Rinlo”, sinala o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.
A partires das 22:30 horas na praza de San Catalina haberá un espectáculo musical e visual a cargo de Queiman e Pousa. Os que se acheguen ata Rinlo gozarán dunha noite máxica e sorprendente, na que se exaltará a súa gastronomía, a paisaxe e a tradición.
Iriarte anima “a todo o mundo a asistir a este espectáculo e a non perder a oportunidade de consumir e cear nos catro establecementos asociados a Acisa cos que contamos en Rinlo”.
E engade: “desde...
leer másAcisa Ribadeo agradece a implicación á Xunta de Galicia coas súas actividades. Ademais das bolsas de papel gratuítas coas que contarán os socios e socias de Acisa, tras o acordo acadado coa administración galega hai uns días, o 29 de xuño terá lugar un espectáculo entorno a unha queimada tradicional en Rinlo e o 9 de agosto Os Bolechas estarán en Ribadeo coincidindo coa Noite Flúor.
Esta mañá tivo lugar unha xuntanza de traballo en Ribadeo entre a Xunta e Acisa. O presidente do colectivo empresarial, Paco Iriarte, valorou de xeito moi positivo “que a Xunta colabore con nós ao marxe da axuda anual que nos concede por ser Centro Comercial Aberto” e subliñou que “van ser tres as iniciativas inmediatas que van ter lugar. A primeira, e debido á nova normativa que prohibe o emprego de bolsas de plástico a partires do vindeiro mes de xullo, a...
leer másA asociación cultural Francisco Lanza, coa colaboración do Concello, organiza a actividade denominada Unha tarde en Rinlo, que terá lugar este sábado, 4 de novembro.
Ás 16:00 horas será a saída desde Os Canapés para ir andando a Rinlo pola ruta da costa.
Ás 19:00 horas na escola vella, celebrarase a presentación do libro Charamuscas do escritor e percebeiro da Costa da Morte Suso Lista.
Posteriormente haberá unha actuación musical de falapandeiretas de Rinlo Erikas e Peluxías e degustación de petiscos.
Os organizadores recomendan para a volta o FEVE das 22:10 horas.
O vindeiro sábado, 12 de agosto, vaise celebrar a décimo cuarta edición da Festa do Percebe de Rinlo. O evento foi presentado este mediodía nese peirao.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comentou que “este vindeiro sábado, día 12 de agosto, volve a Ribadeo, particularmente volve a Rinlo, esta parroquia pequena, pero tan marabillosa que temos aquí en Ribadeo, a Festa do Percebe de Rinlo. Este evento que creamos hai uns anos, pero que está absolutamente consolidado e que é unha referencia de moitísima xente tanto de Rinlo, de Ribadeo e de moitos quilómetros á redonda, que non queren perder este evento de exaltación do percebe, e sobre todo de exaltación de Rinlo, esta parroquia pequeniña, pero dinámica ao mesmo tempo”.
O rexedor salientou que “a agrupación de percebeiras, que pertence á confraría de pescadores...
leer másO restaurante A Mirandilla, de Rinlo, reabriu hoxe, venres, despois dunha importante renovación das súas instalacións. Ademais para o día 23 deste mes, xoves, preparan unha cea especial cun menú degustación, evento para o que contarán coa colaboración dos prestixiosos chefs Diego López, do restaurante La Molinera, de Lalín, que foi elixido mellor cociñeiro galego no Fórum Gastronómico do ano 2014, e Iván Domínguez, que é o director gastronómico do Grupo Alborada e conta cunha estrela Michelín. Estes dous chefs traballarán ese día en A Mirandilla xunto cun dos cociñeiros deste restaurante, David Rodríguez Moledo.
A renovación que foi estreada hoxe incluíu o cambio de todo o mobiliario dos comedores, nova decoración, mantelería e uniformes para o persoal, o que supuxo un investimento de máis de 9.000 euros. “Fíxose para darlle un novo aire...
leer más