Proxección
O vindeiro venres, 23 de abril, ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, na Praza Jaime Cabot, a proxección da curtametraxe “Mondoñedo” na que participa xente do concello e que conta a historia dunha muller nacida na emigración que volta a Mondoñedo a buscar as súas raíces.
Para a asistir é preciso levar cascos para o audio. Vaise emitir a través dun sistema de son dixital innovador onde a son ten tanto peso coma a imaxe.
As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir de luns, día 19, no telefono 982 52.40.03, xa que o acto ten prazas limitadas. A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.
A actividade está organizada polo Concello de Mondoñedo.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promovo un ciclo de proxeccións audiovisuais que levará os filmes finalistas ao Premio Mestre Mateo a Foz, Vilalba e Chantada. As tres localidades acollerán nas vindeiras semanas os pases de “Ons” de Alfonso Zarauza, “A illa das mentiras” de Paula Cons, “Arima” de Jaione Camborda e “Lúa Vermella” de Lois Patiño, candidatas ao galardón na categoría de Mellor Longametraxe.
A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Maite Ferreiro, e o vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual, Pepe Coira, presentaron a iniciativa este martes no Pazo de San Marcos, acompañados por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, e Mercedes Vázquez, de Airoá Comunicación, que xestionarán as proxeccións en Vilalba e Chantada, respectivamente.
“Desde a Vicepresidencia da Deputación...
leer másEste venres, 12 de marzo, ás 19:30 horas a Casa da Cultura de Foz acolle a proxección do documental Por ser mujer, da directora Mercedes Resino. Está organizado polo Concello focense.
Este documental ofrece a testemuña de dúas mulleres nadas en familias ultraconservadoras que transgrediron os códigos familiares e comezaron un camiño de apertura á vida na España franquista dos anos 60.
O aforo será limitado, polo que hai que chamar ao teléfono 982.140.675 para reservar previamente a entrada, que é gratuíta.
A Concellaría de Cultura e Consumo organiza uns actos arredor do urbanismo e o maltrato da paisaxe que se desenvolverán os días 24 e 31 de xaneiro. Hoxe foron presentados pola edil Pilar Otero Cabarcos.
A concelleira ribadense explicou que “o eixo central serán as proxeccións do documental Estruturas, de Paco Gallego e Xosé Bocixa, gravado en 2018 e onde se escoitará o parecer de diferentes persoas estudosas do tema como a do decano do Colexio de Arquitectos de Galiza, Antonio Maroño, arquitectos como Carlos Coto ou Fermín Blanco, arquitectas como Elvira Carregado e Carmen Vázquez, o director da ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña), Fernando Agrasar -tamén arquitecto-, do sociólogo urbanista Manuel G. Docampo ou da xeógrafa Rocío Romar, colaboradora do proxecto educativo Proxectoterra, que leva os valores da paisaxe e...
leer másA Delegación de Cultura, Educación e Xuventude en colaboración coa Deputación de Lugo ten o pracer de convidar @s alumn@s, aos equipos docentes, asociacións de nais e pais de todos os centros educativos da Mariña Lucense, así como ao público en xeral a asistir á charla A produción cinematográfica, que terá lugar o vindeiro venres, 14 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Será impartida por Alfonso Zarauza, cineasta compostelán gañador de 2 premios Mestre Mateo ao mellor guión e mellor director polo seu filme Os fenómenos e Carlos M. Carbonell, produtor do filme Arima, gravado recentemente na provincia de Lugo.
De seguido proxectarase a curtametraxe A rapa das bestas, de Jaione Camborda e a longametraxe Os fenómenos do propio Zarauza. Trátase dun drama social que, con pinceladas de humor, fala do esplendor...
leer másCine Ribadeo acolle a estrea da película Dhogs. Será este sábado, 29 de setembro, ás 20:30 horas. No acto de presentación do filme estiveron Suso López, da produtoras da película; o representante de Cine Ribadeo, Julián Vega; e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
Suso López manifestou que “estamos moi contentos de seguir movendo a nosa película pola provincia, agradecemos ao Concello o apoio de traernos ata aquí e esperamos que a xente que veña lle guste, disfrute e sufra tamén coa nosa película, que é moi especial, en Galicia non se fixo moito cine deste tipo por agora, e coa que estamos moi contentos. Vai vir o director tamén para facer un pequeno coloquio e presentación da película”.
López engadiu que “é unha película estraña, pero que realmente retrata o control e a maldade do ser humano ata facelo...
leer másA asociación fotográfica Os Negativos, de Viveiro, organiza unha proxección fotográfica que terá lugar 1 de setembro.
O título desta proxección é 60 en Positivo, e terá lugar o 1 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. A entrada é de balde.
Trátase dun espectáculo multimedia, composto por unha proxección de fotografías dos socios do grupo, en pantalla xigante e acompañada de música.
Colabora con este evento o Concello de Viveiro.
A Asociación Cultural O Pasatempo anuncia a presentación e proxección da pelicula "Dhogs", do director meirense Andrés Goteira, que foi galardoada con 13 estatuíñas nos recentes Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. Será o domingo, 10 de xuño, ás 20 horas no Auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo. Posteriormente, haberá un coloquio para saber máis da rodaxe e outras curiosidades coa presenza do citado director Andrés Goteira e co produtor executivo Adrián Folgueira.
A Asociación O Pasatempo subliña que “é orgullosa mecenas do proxecto, xa que a película saíu adiante grazas ao micro mecenazgo a través de páxina web. Como curiosidade, xa no ano 2014 nas II Xornadas de Curtametraxes realizadas por esta asociación en Mondoñedo, o director estivera presente mostrando curtas súas e explicando o proxecto da película Dhogs".
Cine Ribadeo proxectará a película Red de Libertad o vindeiro xoves, día 10 de maio, por iniciativa do colexio ribadense Sagrado Corazón.
O centro anunciou hoxe que “con motivo da celebración de Santa Luisa de Marillac, cofundadora das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, o colexio Sagrado Corazón promove a proxección da película Red de Libertad (2017). Nela a actriz Asumpta Serna encarna a figura de Helena Studler, filla da caridade que na Francia da segunda guerra mundial creou unha rede que empezou asistindo ós prisioneiros dos campos alemáns e que axudou a fuxir ata a 2.000 persoas das mans dos nazis. A película fai visible o carisma vicenciano: estar presente cos que sofren”.
O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, explica tamén que “o alumnado de ESO asistirá á proxección. Dende o centro convidamos ó...
leer más