Espasante
O mes de xullo do 61 quedou marcado a madeira, morte e salitre na memoria colectiva dos pobos mariñeiros dende Brest ata Ferrol de tal xeito que agora, 60 anos despois, e cando xa moitos dos protagonistas que saíron con vida daquela terrible experiencia que foi pasar unha galerna non están entre nós, perviven na transmisión oral moitos feitos e anécdotas do acontecido en alta mar e nos portos aos que ían chegando barcos desfeitos e novas de vivos e mortos.
Como homenaxe a tódolos mariñeiros e ás súas familias, e co obxectivo de deixar para a posteridade en formato audiovisual as vivencias das xentes do mar da nosa contorna, Nordés veu a producir, en colaboración co Concello de O Vicedo, un documental que leva por título “Ecos da Galerna do 61”, realizado por Pinancho audiovisuais e que vai ser estreado os días 10, 11 e 17 de xullo nas...
leer másDo venres, 30 de marzo, ao domingo, 1 de abril, celébrase no porto de Espasante, en Ortigueira, a IV edición da Festa do Polbo.
O venres 30 a partires das 13:00 horas haberá sesión vermú con Souto Xímaro. O sábado 31 a sesión vermú desde as 13:00 horas estará amenizada por Berros do Castro. Desde as 13:00 horas haberá inchables para os nenos, e os dous días Feira de Artesanía e Alimentación desde as 12:00 ata as 20:00 horas.
Poderá degustarse empanada de polbo con algas ao prezo de 5 euros, polbo á feira a 10 euros e polbo con fabas de Lourenzá a 10 euros. Haberá dúas carpas instaladas no miradoiro da praia de San Antonio. Os organizadores subliñan que se trata de “polbo da ría 100%”. Ademais do venres ao domingo terá lugar, no centro social, unha exposición de patchwork da AC Gamelas e Anduriñas.
... leer másO problema demográfico de Galicia é hoxe de maior gravidade incluso que nos países da contorna, manifestado en perda de poboación, baixa natalidade e alto avellentamento, fortes niveis de dependencia, forte polaridade xeográfica rural-urbana, e devalo demográfico e socioeconómico do rural.”
Con estas palabras comeza un traballo de Xosé Martínez e David Peón publicado no ano 2015 na Revista Galega de Economía, e que leva por título “PATRÓNS DE DESPOBOAMENTO DO RURAL GALEGO: UNHA ANÁLISE POR COMARCAS”, e aínda que ese traballo e as súas conclusións non son o obxecto principal da xornada que Nordés, a asociación de desenvolvemento das Terras da Faladora, organiza para o 24 de marzo en Espasante (Ortigueira), sí nos da pé para introducirnos no que é un grave problema: as consecuencias no emprego no sector primario do despoboamento e alto...
leer más