A Pontenova
A Pontenova acollerá a cuarta edición da Festa da Malla este sábado, día 1 de setembro.
Está organizada polo Concello e colaboran Amigos da Malla e a Deputación de Lugo.
A malla comezará ás doce do mediodía, ás 13:30 horas haberá sesión vermú e a partir das 14:00 celebrarase a comida con un menú composto por empanada, arroz caldoso, costela asada e postre. O prezo é de 15 euros para os adultos e os nenos maiores de 3 anos pagarán 12 euros.
Ás cinco da tarde continuará a malla e ata as 20:00 horas haberá actividades acuáticas no Pozo da Ola. Durante toda a tarde tamén se celebrarán torneos de billarda e doutros xogos populares.
Ás 21:30 horas haberá pinchos para cear e a partir das 22:00 comezará a música en directo.
A asociación cultural e deportiva As Minas organiza a I Carreira Popular Vía Verde do Eo, que se celebrará en A Pontenova o 23 de xuño.
Esta carreira, de 10 quilómetros de percorrido, partirá do concello asturiano de San Tirso de Abres, atravesará zonas de Trabada e rematará na Praza dos Fornos de A Pontenova. A proba discorrerá na súa totalidade pola antiga vía do ferrocarril que unía A Pontenova e Ribadeo atravesando ata catro túneles e sempre ás beiras do río Eo.
Antes da saída haberá un acto de homenaxe a Tito Margaride na explanada do pavillón municipal de A Pontenova ao que se lle poñerá o nome do atleta local.
A carreira roldará os 200 participantes, e as inscricións poden facerse en championchipnorte.com.
O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, avanzou que a sétima edición da Subida á Pontenova, que terá lugar durante a fin de semana do 2 e 3 de xuño, conta co principal patrocinio cunha achega de 7.000 euros da Deputación e 4.000 euros do Concello, que este ano aumentou o número de participantes con respecto ao ano pasado. Un evento deportivo que, pese ao seu recente nacemento, no ano 2011, xa está consolidado dentro do calendario autonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.
O Goberno da Deputación decidiu colaborar na organización desta popular subida cunha achega de 7.000 euros para promover o turismo e dinamizar a economía da localidade mariñá, posto que o evento reunirá a uns corenta pilotos e milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas...
leer másOs Sendeiros de Foz organiza unha ruta e encontro en A Pontenova o domingo 20 de maio.
A saída será ás 8:30 horas da Praza de Galicia, e o prezo é 10 euros para os socios federados, 15€ para os socios non federados e 20 euros para os non socios (xantar incluído).
Para participar é obrigatorio anotarse no e-mail-ossendeiros@yahoo.es. Máis información nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017. O prazo para inscribirse remata o mércores 16 de maio.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a dificultade da ruta é media.
Colabora con esta actividade o Concello de Foz.
A Pontenova acollerá un encontro de música e baile tradicional o día 24 de marzo, sábado. Está organizado pola Asociación Musical Eco das Minas e a Escola de Música local, que contan coa colaboración do Concello da Pontenova.
As actividades empezarán ás 11 da mañá cun obradoiro de baile tradicional a cargo de Ruth Pérez. Ás 16:30 horas haberá outro obradoiro, neste caso de canto e pandeireta, con Noemí Basanta. A participación nestas actividades é gratis para os socios de Eco das Minas e os non socios deberán pagar 5 euros. Para apuntarse hai que contactar con Feli no teléfono 610.94.77.38.
A partir das 19:30 horas actuarán as agrupacións musicais Corxa Airiños Galegos Doce Albor Santurtzi, de Santurce; O Feitizo, de Foz; e o grupo de gaitas A Chocolateira, da Escola de Música da Pontenova. Como invitados...
leer másO Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, e a Deputada de Economía e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, presentaron este luns o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala, que organizan conxuntamente coa Real Federación Galega de Fútbol e que se celebrarán por primeira vez nos Concellos da Pontenova e Trabada.No acto estiveron presentes, o Delegado da Federación Galega de Fútbol, Manuel Castro Núñez, e o responsable do Campionato, Manuel Piñeiro. Esta cita deportiva terá lugar o sábado 10 de febreiro, dende ás 9:00 ata ás 21:30 horas, no Pavillón Municipal da Pontenova e no Polideportivo de Trabada.
Campos Condeexplicou “que o Pavillón Municipal da Pontenova acollerá dende ás 9:00 da mañá os partidos que disputarán as 8 selecciónsparticipantes nas categorías de infantil masculino. Serán...
leer másO local das asociacións de A Pontenova acollerá unha cea guateque o día 13 de xaneiro de 2018, sábado, ás 21:30 horas. Este evento está organizado pola asociación local de mulleres rurais coa colaboración do Concello de A Pontenova.
Despois da cea, a partir das 23 horas, haberá baile con música dos anos 60 a cargo do dúo Karmín. Os organizadores animan aos participantes a asistir caracterizados dos anos 60.
O prezo das entradas é de 20 euros para os adultos e 10 para os nen@s. Os tiques poden recollerse ata o 11 de xaneiro en Teresa roupa para todos e O Lar de Balbina, establecemento que servirá a cea.
Los días 15 y 16 de diciembre tendrá lugar en A Pontenova el XI Festival As Minas. El evento fue presentado por el presidente de la ACD As Minas, Luis Miguel Rivas, y por el alcalde de A Pontenova y presidente de la Diputación de Lugo, Darío Campos.
El viernes habrá Ruta Barítima por los bares del pueblo donde se ruega acudir caracterizado de minero. Esta ruta estará amenizada por Cantos de Taberna con la participación de 3 grupos: Eco das Minas (A Pontenova), A Foliada de Bosende (Lugo) y Os Atrevidos (Vegadeo).
Al final de la noche se sorteará en el Bar Roni una cesta de Navidad con productos típicos de la zona y merchandasing de la A.C.D. As Minas entre todos aquellos participantes que completen parte de la ruta.
Ya el sábado por la noche a partir de las 21:30 horas gran churrascada...
leer másO Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde,xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, presentou na oficina de turismo deste municipio a XI Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que terá lugaros días 8, 9 e 10 de decembro. Trátase dunha cita de referencia no sector das antigüidades e da artesanía na que participan profesionais de distintos puntos de Europa. Nesta edición, farano 60 anticuarios e artesáns de España, Francia e Portugal.
O Concello organiza este evento, ao que achega tamén 5.000 euros, contando coa colaboración de establecementos e colectivos da Pontenova, así como da Deputación de Lugo, que destina outros 5.000 euros, leva unha exposición de 120 pezas de olería e bargueños e promove unha ruta reinvidicativa en vespa para a posta en valor da Senda Verde, ademais de contribuír...
leer más