Subida

Etiquetas:
01/07/2024

Presentada a XI Subida da Pontenova, que se celebrará  a vindeira fin de semana – 6 e 7 de xullo- organizada pola Escudería A Pontenova, co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 7.000 euros á organización da proba,  e a colaboración do Concello e da Xunta de Galiza.

O rally, que puntúa para o Campionato Galego de Montaña, mantén o trazado habitual, quilómetros pola estrada LU-P-4803,  que sae desde a zona do Camiño da Feira da Pontenova cara a Augaxosa (Riotorto).

O trazado pasa polas parroquias de Vilameá, Rececende e Santo Estevo, con puntos especialmente atractivos para as afeccionadas e afeccionados como o paso polas curvas das Cruces e da Picota e por Vilar das Pedras. A organización ofrece servizo de transporte gratuíto para facilitar o desprazamento polo percorrido e tamén...

leer más
Etiquetas:
31/05/2023

A primeira fin de semana de xullo celébrase a décima edición da Subida A Pontenova pertencente ao Campionato Galego de Montaña.

Organizada pola Escudería A Pontenova terá lugar os días 1 e 2 de xullo. Conta coa colaboración do Concello de A Pontenova, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Automobilismo e Protección Civil de A Pontenova. Patrocinan: PTC, AON, Recense, Aistrec, OTM Sistemas, Ferros Alonso, Desguaces Ramil, Superti A Pontenova e Procubitos.

 

Etiquetas:
31/05/2018

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, avanzou que a sétima edición da Subida á Pontenova, que terá lugar durante a fin de semana do 2 e 3 de xuño, conta co principal patrocinio cunha achega de 7.000 euros da Deputación e 4.000 euros do Concello, que este ano aumentou o número de participantes con respecto ao ano pasado. Un evento deportivo que, pese ao seu recente nacemento, no ano 2011, xa está consolidado dentro do calendario autonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.

O Goberno da Deputación decidiu colaborar na organización desta popular subida cunha achega de 7.000 euros para promover o turismo e dinamizar a economía da localidade mariñá, posto que o evento reunirá a uns corenta pilotos e milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas...

leer más
Etiquetas:
02/06/2017

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente da Escudaría A Pontenova, Manuel Díaz, presentou a sexta edición da Subida á Pontenova, que terá lugar durante a fin de semana do 3 e 4 de xuño. Un evento deportivo que, pese ao seu recente nacemento, no ano 2011, xa se ten convertido nunha das competicións máis espectaculares do calendario autonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.

O Goberno da Deputación decidiu colaborar na organización desta popular subida cunha achega de 7.000 euros para promover o turismo e dinamizar a economía da localidade mariñá, posto que o evento reunirá a uns corenta pilotos e milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas de Asturias e Castela e León, entre os que se atopan grandes nomes como o campión galego, Luis Vilariño,...

leer más
28/04/2015
A cuarta subida á Pontenova terá lugar os días 16 e 17 de maio. Está organizada pola Escudería A Pontenova e a Área de Deportes da Deputación de Lugo.
 
Escudería A Pontenova e a Área de Deportes da Deputación organizan a cuarta subida á Pontenova os días 16 e 17 de maio, I Trofeo Ribeira Sacra, proba puntuable para o campionato galego de montaña.
No evento daranse cita pilotos de todo o territorio galego e de Asturias.
No mesmo colaboran: a Federación Galega de Automobilismo, a Secretaría Xeral para o Deporte, o Concello de A Pontenova e Deporte Galego. Patrocinan: Desgüaces Ramil, Industrial Recense, Procubitos, A Pontenova Superti, Ferros Alonso, mesón parrilla A Mina e El Progreso.