Rally
Presentada a XI Subida da Pontenova, que se celebrará a vindeira fin de semana – 6 e 7 de xullo- organizada pola Escudería A Pontenova, co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 7.000 euros á organización da proba, e a colaboración do Concello e da Xunta de Galiza.
O rally, que puntúa para o Campionato Galego de Montaña, mantén o trazado habitual, quilómetros pola estrada LU-P-4803, que sae desde a zona do Camiño da Feira da Pontenova cara a Augaxosa (Riotorto).
O trazado pasa polas parroquias de Vilameá, Rececende e Santo Estevo, con puntos especialmente atractivos para as afeccionadas e afeccionados como o paso polas curvas das Cruces e da Picota e por Vilar das Pedras. A organización ofrece servizo de transporte gratuíto para facilitar o desprazamento polo percorrido e tamén...
leer másA sexta edición do Rally Mariña Lucense celebrarase os días 10 ,11 e 12 de maio. Será a cuarta proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2024.
Constará de 4 treitos diferentes, todos eles a dobre pasada,
tendo un total de 280,94 quilómetros, dos que 88,56 son cronometrados.
A súa base estará no concello de Viveiro e transcorrerá tamén polos municipios de O Vicedo, Ourol, Cervo e Xove.
Esta tarde presentouse no Vicedo a quinta edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o venres e o sábado en treitos dos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove e O Vicedo.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é a principal patrocinadora da proba, na que participarán 86 equipos, entre eles 13 equipos da Mariña e os grandes favoritos para o Campionato Galego de Rally de Asfalto como Víctor Senra e Alberto Meira, ou Luis Vilariño, Javier Ramos, Alberto Nimo ou Pablo Rey.
Na presentación, a deputada mariñá Mónica Freire suliñou “a rápida consolidación desta proba entre equipos e público” e que “canaliza e reforza gran afección ao motor que hai na comarca, ademais de supoñer un aliciente máis para que se acheguen ata a comarca afeccionados e afeccionadas ao rally de toda Galiza, para desfrutar do...
leer másOnte presentouse en Muras a cuarta edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o vindeiro sábado nos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove, O Vicedo e Viveiro, onde se situarán o parque de reagrupamento (na zona do Grallal, Covas) e o
parque de asistencias (Lavandeiras, Celeiro).
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 24.000 euros para a organización da proba, a terceira no calendario do Campionato Galego de Rally de Asfalto, que conta con 88 equipos inscritos, a mellor cifra de participación das edicións celebradas, incrementando notablemente a da pasada edición -na que se anotaran 67 equipos-.
Entre os participantes figuran 14 equipos da Mariña e Ortegal, tres deles debutantes nunha proba desta categoría. Ademais da representación local, destacan nomes como o de Víctor Senra, Alberto...
leer másO deputado de Deportes, Efrén Castro, presentou esta tarde en Viveiro a terceira edición do Rally da Mariña, que se disputará do 10 ao 12 de setembro nos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo.
A carreira, que conta cunha achega de 24.000 euros por parte da Vicepresidencia da Deputación, constará de cinco treitos cronometrados. A carreira arrancará o venres coas primeiras pasadas dos dous primeiros treitos, en Muras e entre o Viveiró (Muras) e Xerdiz (Ourol). A competición retomarase o sábado pola maña, coa segunda pasada dos dous primeiros treitos, e continuará ao longo da xornada cos treitos do Vicedo, a triple pasada, Cervo (saída diante da fábrica de Sargadelos) e Xove (saída a carón da Praza do Concello), a dobre pasada. En total, os pilotos percorrerán 124 quilómetros cronometrados polas estradas da comarca. O...
leer másO deputado de Deportes, Efrén Castro, presentou esta mañá a primeira edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o vindeiro sábado nos concellos de Viveiro, Xove, Cervo e O Vicedo.
A carreira, que levará por primeira vez á comarca unha competición do Campionato Galego de Rally, reunirá na súa estrea 72 pilotos entre os que destacan Iago Caamaño, Alberto Meira ou o lucense Adrián Díaz.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, subliñou “a boa acollida que a proba tivo entre os pilotos” e amosouse confiado en que “veña para quedarse” no calendario do automobilismo galego e “cubrir un oco que ata agora estaba baleiro na Mariña pese a afección ao motor que hai na comarca, coma no resto da provincia e mesmo Asturias, de onde seguro tamén chegarán siareiros”.
O presidente da escudería...
leer másO Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, avanzou que a sétima edición da Subida á Pontenova, que terá lugar durante a fin de semana do 2 e 3 de xuño, conta co principal patrocinio cunha achega de 7.000 euros da Deputación e 4.000 euros do Concello, que este ano aumentou o número de participantes con respecto ao ano pasado. Un evento deportivo que, pese ao seu recente nacemento, no ano 2011, xa está consolidado dentro do calendario autonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.
O Goberno da Deputación decidiu colaborar na organización desta popular subida cunha achega de 7.000 euros para promover o turismo e dinamizar a economía da localidade mariñá, posto que o evento reunirá a uns corenta pilotos e milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas...
leer más