A Pontenova
A 4ª Ruta Ecuestre Equus Norte celebrarase en A Pontenova o 7 de outubro. O programa dará comezo ás 10:00 horas cun almorzo no Mesón A Mina e ás 11:00 iniciarase a ruta dunha distancia aproximada de 18 quilómetros. Ás 14:00 horas terá lugar o xantar e durante toda a tarde haberá sorteos coa a actuación de Discomóvil Blanco y Negro. As reservas poden facerse no Mesón A Mina no 982 336 049, no 649 932 318 (Juan), no 690 164 908 (Aitor) ou no 662 062 625 (Pepe). O prezo é de 25 euros.
Ás 16:00 horas celebrarase unha carreira de obstáculos a cabalo. Para aluguer de cabalos pódese chamar ao 620 302 567 (Moncho) e a organización comunica que cada xinete farase responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo.
O venres 8 e o sábado 9 de setembro celébranse na parroquia de Conforto, no concello de A Pontenova, as súas festas na honra da Nosa Señora.
O día 8 haberá misas ás 9:00, 10:00, 11:00 e 12:00, e ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne e sesión vermú. A noite a verbena estará amenizada por Disco Móbil Blanco y Negro.
O día 9, ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e posterior procesión, e a sesión vermú e a verbena correrán a cargo de M-5 e o dúo D´Cine.
O Concello de A Pontenova organiza unha Festa Acuática-Fin do Verán o venres, 1 de setembro.
Haberá xogos acuáticos e inchables acuáticos, e terá lugar na Piscina Municipal de A Pontenova.
Esta actividade é gratuíta e desenvolverase entre as 16:00 e as 20:00 horas.
A XXXIV Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia celebrará as súas finais de categoría infantil, xuvenil e cadete esta fin de semana nos campos de A Mina (A Pontenova), Viñas da Veiga (Mondoñedo), e Cerdeiriños (Monterroso), respectivamente. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros, organizando unha nova edición da Copa coa colaboración da Federación Galega de Fútbol.
Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia.
A primeira das finais en disputarse será a de categoría infantil, que se celebrará este sábado ás 11:30 horas no campo...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente da Escudaría A Pontenova, Manuel Díaz, presentou a sexta edición da Subida á Pontenova, que terá lugar durante a fin de semana do 3 e 4 de xuño. Un evento deportivo que, pese ao seu recente nacemento, no ano 2011, xa se ten convertido nunha das competicións máis espectaculares do calendario autonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.
O Goberno da Deputación decidiu colaborar na organización desta popular subida cunha achega de 7.000 euros para promover o turismo e dinamizar a economía da localidade mariñá, posto que o evento reunirá a uns corenta pilotos e milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas de Asturias e Castela e León, entre os que se atopan grandes nomes como o campión galego, Luis Vilariño,...
leer másA Volta ás Comarcas de Lugo 2017, Desafío Volta Lugo, arranca este venres con 176 participantes inscritos e o patrocinio principal do organismo provincial. O Goberno da Deputación decidiu realizar unha achega de 65.000 euros para a celebración desta cita deportiva como dinamizadora da economía lucense, posto que terá un retorno económico aproximado de 100.000 euros para a provincia, así como pola oportunidade única que supón para promover turisticamente cada un dos 13 Concellos polos que discorre: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, OCádavo, Castroverde, O Corgo, Láncara e Guntín.
O Desafío Volta Lugo é unha das citas máis agardadas da tempada posto que se trata da única volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, e unha das poucas que se celebran a nivel nacional....
leer másO Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, así como de pescadores e hostaleiros, presentou este xoves a XXXIX Festa da Troita da Pontenova, que terá lugar os días 29, 30 e 1 de maio no municipio mariñán. O Goberno da Deputación vén apoiandonos últimos anos a organización deste evento, que recibiu no ano 2016 un investimento de3.400 euros. Do orzamento 2017, o Goberno destinará á Pontenova, no marco doPlan Único, 255.700 euros. E desta cantidade, o Concello achegará 3.000 euros para a Festa da Troita.
Campos Conde subliñou que “esta festa, que comezou no ano 1978 como un concurso de pesca organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas, tense convertido nun importante...
leer másO Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde do Concello de A Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Múñiz Nieto, e o Presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, José María Seijas Fernández, presentaron este xoves a III edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo. Fixérono acompañados polo exciclista profesional Ezequiel Mosquera Míguez, na Praza dos Fornos de A Pontenova, lugar de saída da segunda etapa deste desafío cicloturista.
O organismo provincial é o principal patrocinador desta proba deportiva,consolidada como a única Volta Cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, pois achega 65.000 euros para a súa celebración, promovendo deste xeito o deporte na provincia de Lugo e dando...
leer másLa Asociación Gastronómica de A Pontenova con la colaboración de Viajes Lucus organizan un viaje a Benidorm de los días 18 de marzo al 1 de abril.
El precio de 395 euros incluye el desplazamiento en autobús ida y vuelta, 14 pensiones completas en un establecimiento situado en el centro de Benidorm y el seguro de viaje.
Las personas interesadas deben anotarse en Viajes Lucus, llamando a los números de teléfono 982 043 000 o 658 240 815.