A Pontenova

Etiquetas:
10/03/2015
O fotógrafo pontenovés Vicente Ansola participará este sábado, 14 de marzo, no Museo Provincial de Lugo no recital foto-poético "Os Camiños da Brétema".
 
O Museo Provincial de Lugo acollerá este sábado o recital foto-poético Os Camiños da Brétema, co que 18 escritores e escritoras queren chamar a atención sobre o despoboamento do rural galego nun acto que incluirá tamén música ao vivo sobre unha selección de imaxes do fotógrafo cántabro asentado na Pontenova Vicente Ansola. 
O acto, que terá lugar no refectorio do Museo de Lugo a partir das 18:00 horas, foi presentado esta mañá  polo responsable de Cultura da Deputación e do Museo Provincial de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, na compaña de María José Fernández, do colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar, e do propio Vicente Ansola, autor das fotografías, que permanecerán no Museo Provincial até final de mes.
Pode situarse...
leer más