O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, e a Deputada de Economía e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, presentaron este luns o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala, que organizan conxuntamente coa Real Federación Galega de Fútbol e que se celebrarán por primeira vez nos Concellos da Pontenova e Trabada.No acto estiveron presentes, o Delegado da Federación Galega de Fútbol, Manuel Castro Núñez, e o responsable do Campionato, Manuel Piñeiro. Esta cita deportiva terá lugar o sábado 10 de febreiro, dende ás 9:00 ata ás 21:30 horas, no Pavillón Municipal da Pontenova e no Polideportivo de Trabada.
Campos Condeexplicou “que o Pavillón Municipal da Pontenova acollerá dende ás 9:00 da mañá os partidos que disputarán as 8 selecciónsparticipantes nas categorías de infantil masculino. Serán 120 persoas, entre xogadores e persoal técnico, ás que visitarán o noso Concello nesta data.Polo tanto, esta é unha boa oportunidade para dar a coñecer a nosa vila, e ao mesmo tempo para desfrutar do deporte entre os máis novos, con equipos de primeira categoría de toda Galicia”.
GarcíaBermúdez sinalou que “todas as promesas do fútbol galego, que participan na categoría alevíncon equipos mixtos, daranse cita no Polideportivo de Trabada o vindeiro dia 10 de febreiro. Para Trabada será un acontecemento deportivo de primeiro nivel,xa que é a primeira vez que se celebra no noso Concello, ao que asistiran 120 persoas dos 8 clubes que compiten neste Campionato. Unha xornada única na que a nosa vila acollera estas finais como un revulsivo económico importante, ademais, quero lembrar a grande tradición futbolística que sempre houbo en Trabada, por iso, seguro, será unha cita inesquencible para todos”.
Finais
Os equipos que asistirán son da; Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo, Ferrol e a da Cost. A final da categoría infantil masculino, disputaranse ás 20:00 horas no Pavillón Municipal da Pontenova, e a de alevín mixto ás 21:00 horas no Polideportivo de Trabada. Ambos mandatarios agradeceron a implicación da Federación Galega de Fútbol na organización deste evento, no que tamén colaboranclubes locais destes dous Concellos, como o Deportivo Rececende da Pontenova e o Trabada Futsal.