A XIII edición do Festival As Minas, de A Pontenova, celébrase este sábado, 14 de decembro. Ás 11:00 horas procederase á apertura e visita da mina Consuelo para espeleólogos federados.
Ás 21:30 horas dará comezo a churrascada popular, as prazas son limitadas e o prezo é de 15 euros (inclúe a entrada aos concertos). O menú estará composto por calamares, empanada, churrasco, tarta Santiago, pan, viño caseiro, auga e café. Este ano pódense reservar os tíckets con antelación facendo transferencia bancaria á conta da asociación ACD As Minas, organizadora do evento. Unha vez feita a transferencia é necesario mandalo xustificante por whatsapp ao 615 82 87 62. O número de prazas é limitado.
Ás 23:30 horas comezará o concerto de Heredeiros da Crus que presentará o seu traballo Derretidos. Tamén actuarán A Chocolateira AM Eco das Minas e DJ Local. O prezo da entrada é de 5 euros (con dereito a consumición).
Colaboran na organización deste festival: Concello de A Pontenova, Deputación de Lugo e SuperT A Pontenova.