A Pontenova
O sábado 4 novembro haberá na Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto. Esta actividade está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova.
Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos Fornos, desde onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 2 de novembro.
O libro dedicado ao fotógrafo e músico Edelmiro Méndez presentarase o 27 de outubro, venres, ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura da Pontenova.
A Editorial Canela explica que Edelmiro Méndez foi “fotógrafo e músico, que desenvolveu o seu oficio no concello da Pontenova durante a segunda metade do século pasado. Agradecemos as facilidades da familia, que puxo á nosa disposición os negativos cos máis de 3.000 fotogramas sobre os que traballamos para facer a selección das 219 imaxes en branco e negro, dun período comprendido entre os anos 1957 e 1964, que aparecen no libro, aos autores dos textos, revisores lingüísticos e as moitas persoas que axudaron a identificar os protagonistas e os lugares.
O libro, de gran valor antropolóxico, etnográfico, histórico e estético para toda Galicia, está publicado en...
leer másO club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza a décimo segunda edición do Aberto do Ferro para este domingo, 22 de outubro. A competición desenvolverase no Campo da Mina a partir das 11 da mañá.
Os organizadores do evento din: “Tentaremos ter outro récord de participación! A ver si o conseguimos. Non faltedes!”.
A Escudería A Pontenova organiza unha cea baile que se celebrará no Local das Sociedades o 11 de novembro, sábado, a partir das 22:00 horas.
Será servida polo restaurante O Lar de Balbina e o menú incluirá empanada, callos, carrilleiras, sobremesa e café. Ademais haberá sorteos e baile, que será amenizado por DJ Bombarbero.
Os tickets para asistir están á venda ata o 8 de novembro en O Lar de Balbina e Librería Eugenia.
Os interesados poden contactar coa organización a través dos teléfonos 623.03.12.06 ou 690.07.61.36.
No complexo deportivo municipal O Boulloso, de A Pontenova, disputarase a quinta edición do Open de Pádel As Minas do 12 ao 15 de outubro. Hai tres categorías: feminina, masculina e mixta.
Está organizado pola Asociación Cultural Deportiva As Minas e as inscricións son limitadas. O prezo é 20 euros.
Os interesados poden contactar coa organización a través do teléfono 626.817.048.
A Praza do Concello da Pontenova acollerá actividades infantís gratuítas o 8 de outubro, domingo, de 17:00 a 21:00 horas.
Esta actividade, organizada polo Concello da Pontenova, incluirá inchables para nenos e nenas maiores de 4 anos, tattoos con purpurina e pintacaras.
A décimo sexta edición da Feira de Antigüidades e Artesanía da Pontenova celebrarase do 8 ao 10 de decembro (venres, sábado e domingo). Anunciouno o Concello de A Pontenova, que fixo público o cartel.
Este evento inclúe como actividade paralela unha xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos, que chega á súa sétima edición.
A cuarta edición das Xornadas da Terra de Miranda, actividade que organiza o colectivo Nova Escola Galega coa colaboración da Deputación de Lugo, celebrarase na Casa da Cultura da Pontenova os días 10 e 11 de novembro de 2023, venres e sábado.
Son uns encontros de debate sobre o medio rural que nesta ocasión titúlanse ‘Bebendo do pasado marcamos o rumbo do presente’.
A Pontenova acogerá clases de patchwork y costura creativa, que se impartirán en el local de la asociación Mulleres e Home do Rural, en la rúa da Feira, número 32. En esas instalaciones se celebrará una reunión informativa el 21 de septiembre, jueves, a las 19:00 horas. Los días y horarios de las clases están por definir
Los interesados en obtener más información sobre esta actividad pueden contactar con Loly en el teléfono 697.22.18.69.
A Pontenova celebrará as súas festas patronais, na honra de San Lucas, do venres 6 ao luns 9 de outubro.
O venres a música correrá a cargo da Hermo disco truck con DJ Bombardero e Cosmedeejay.
O sábado haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Compostela. E ás 19:00 horas na Avenida de Vilaoudriz terá lugar un show acrobático con motos e outros vehículos a cargo de Paulo Martinho. Ademais estará a Hermo disco truck con Pedro Brmudz e ás doce e media da noite farase a XXIII Queima dos Fornos.
O domingo haberá sesión vermú e verbena coas orquestras Costa Dorada e París de Noia.
E o luns 9 rematan as festas cunha sesión vermú amenizada por DJ Bombardero.