
A Pontenova terá actividades para celebrar o Entroido os días 1 e 2 de marzo, sábado e domingo.
O sábado 1 haberá unha ruta de tapas de Entroido polos establecementos hostaleiros participantes, que son: O Lar de Balbina, Rony Bar, Sidrería A Mina, Cafetería Casa da Cultura e Bar Puente. Está organizada polo Concello da Pontenova, que explica: “cada participante na ruta deberá ir disfrazado e selar a súa tarxeta en cada un dos bares sinalados. Entre tódalas persoas disfrazadas que presenten a tarxeta selada completamente sortearanse unha serie de vales regalo. O sorteo realizarase no Rony Bar ese mesmo día ás 1:00 horas da madrugada. Os vales regalo poderanse canxear ata o 30 de xuño de 2025”.
E o domingo 2 celebrarase o Carnaval infantil, desde as 17:00 horas no Pavillón Municipal Tito Margaride. Haberá xogos, música e baile. Está organizado polo CIT A Pontenova coa colaboración do Concello.