A Pontenova
Dentro do programa de actividades de Nadal da asociación Eco das Minas-A Chocolateira, da Pontenova, levarase a cabo un obradoiro de acuarela, a cargo de Rocío Fernández Paz, para crear adornos de Nadal. Será este sábado, día 28 de decembro, de 16:30 a 18:30 horas na Casa das Asociacións da Pontenova.
Esta actividade é para persoas maiores de 12 anos de idade o prezo da inscrición é de 15 euros. O prazo para apuntarse remata este venres, 27 de decembro. Os teléfonos de contacto son o 659.35.46.45 (Rocío) e o 653.43.47.12 (Tania).
A compañía Pínconús Teatro representará a comedia musical para público familiar titulada Pínconús no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova este sábado, día 21 de decembro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.
O autor do texto é o director da obra é José Campanari e a música foi creada por Piti Sanz.
Esta representación está incluída na programación de Nadal da asociación musical A Chocolateira, que anuncia que “este sábado, día 21 de decembro, ás 19:00 horas, despois de moitos anos de novo volve o tren facer parada na Estación da Pontenova”.
O Concello da Pontenova organiza un campamento de Nadal os días 23, 24, 26, 27,30 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Esta actividade é para nenas e nenos de 3 a 14 anos de idade. Hai un límite de 50 prazas, por orde de inscrición.
Os prezos son: 30 euros para empadroados na Pontenova e 50 para os que non o están.
A inscrición pode facerse na Casa do Concello ou a través do teléfono 982.34.22.77 e o prazo remata este xoves, día 19 de decembro.
A Pontenova celebrará a décimo sétima edición da súa Feira de Antigüidades e Artesanía esta semana, desde o venres 6 ata o domingo 8 de decembro.
De maneira paralela á feira haberá a oitava edición da Xuntanza de vespas, motos e coches clásicos; unha exposición de pintores da Pontenova; e tamén demostracións de forxa de ferro, pintura, cestería, coiro, vimbia, madeira, xoias, cantaría e lámpadas de cabaza.
A campaña Galicia sabe Amar, da Xunta de Galicia, chega á Pontenova este sábado, día 30 de novembro.
O Concello da Pontenova anuncia que haberá degustación gratuíta de petiscos elaborados con produtos do mar no aparcamento da Praza dos Fornos de 12:00 a 15:00 e de 19:00 a 22:00 horas.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza un magosto para este sábado, día 30 de novembro, desde as 20:00 horas.
Para participar nesta actividade hai que anotarse previamente e o prazo remata este xoves, 28 de novembro.
A Pontenova celebrará a Festa do Outono este venres, día 22 de novembro, na área recreativa do Boulloso, de 16:00 a 19:00 horas.
“Haberá xogos tradicionais, pintacaras, manualidades e sorpresas. Tamén poderemos lanzarnos de novo polo circuíto de minitirolinas”, explica a organización, que corre a cargo da Tirolina das Minas.
A Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, celebra a décimo sétima edición do seu festival día 14 de decembro, sábado.
“Coa actuación destacada de Xosé Antonio Touriñán, haberá tamén sendeirismo, música, gastronomía... Unha proposta irresistible”, anuncia a organización.
O programa inclúe estas actividades: ás 12 horas, Ruta das Minas (guiada e gratuíta), inscrición en asociacionasminas@gmail.com; ás 14 horas, sesión vermú; ás 17:00 horas, interacción infantil con Os Bolechas; ás 17:40 horas, contacontos inclusivo con DI y lo Amorodos; ás 18:00 horas, interacción infantil con Os Bolechas; ás 19:00 horas, Grupo Tambukda, de Lugo, polas rúas e bares do pobo; ás 20:00 horas, degustación gratuíta de callos na carpa da asociación, amenizada por Grupo...
leer másLa Asociación de Pensionistas e Xubilados UDP Val de Miranda, de A Pontenova, organiza una excursión al Santuario del Corpiño, en Lalín, que incluye comida de cocido gallego. Será el sábado 23 de noviembre y los participantes saldrán a las 8 de la mañana desde la plaza de Os Fornos, de A Pontenova.
El programa de actividades para esa jornada incluye la participación en una conferencia publicitaria sobre productos de salud, hogar y descanso; comida con cocido gallego; a continuación se desplazarán “a uno de los lugares de mayor peregrinación de Galicia, el santuario de la Virgen del Corpiño, en Lalín”, explica la organización, que anuncia que también tendrán “tiempo libre para disfrutar de la zona y visitar una fábrica de quesos y tienda de chorizos muy típica de la zona, antes de emprender el viaje de regreso a sus hogares”.
... leer másSaldoira, no concello da Pontenova, acollerá un curso de autocoidado persoal e automasaxe o día 22 de novembro, venres, ás 18:00 horas.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do teléfono 619.679.667, tal e como anuncia a presidenta da asociación veciñal San Pedro da Ribeira, Alba Fernández Lodeiro.