Marionetas Trécola estará o 19 de novembro do Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, presentando "Nº8, rúa dos Contos".

Marionetas Trécola estará o 19 de novembro do Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, presentando "Nº8, rúa dos Contos".
 
O espectáculo de Marionetas Trécola "Nº 8, rúa dos Contos" preséntase no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado, 19 de novembro, ás 18:00 horas.
 
Esta representación incluída no programa Buxiganga, conta como hai moito tempo, vivía no nº 8 da rúa dos Contos a bruxa Papandreia que botou un feitizo sobre a casa e todo aquel que entraba non atopaba o xeito de saír. Xinzo e Lelo, dous ladróns que non saben deste feitizo, deciden entrar na casa para encher o seu saco. Un lobo, un mago, un cazador e máis persoeiros compartirán a súa viaxe polo nº 8 da rúa dos Contos.
 
Obra de autoría propia dirixida por Ero Vázquez Cabrera e os titiriteiros son o propio Ero Vázquez como presentador e Isa García Coldeira como Papandreia. A duración é de cincuenta minutos e destínase a un público familiar (+ de 3 años).