O Concello de Cervo organiza unha programación infantil para celebrar o Samaín. Terá lugar do 29 de outubro ao 1 de novembro.

O Concello de Cervo organiza unha programación infantil para celebrar o Samaín. Terá lugar do 29 de outubro ao 1 de novembro.
 
O Concello de Cervo organiza unha programación infantil para celebrar o Samaín os días 29 e 31 de outubro e 1 de novembro.
 
Este sábado, 29 de outubro, ás catro da tarde haberá un taller de cociña infantil na Casa do Mar, de San Ciprián. Neste mesmo lugar o luns 31 a partir das 18 horas celebrarase unha festa infantil. E o día 1 de novembro, martes, terá lugar na biblioteca de Cervo un taller de manualidades ás catro da tarde. Para participar nos talleres hai que apuntarse contactando co teléfono 691.65.66.00.
 
Ademais a asociación protectora de animais Coletiñas organiza unha festa de halloween  para recadar fondos mañá, venres, a partir das 23 horas na Casa do Mar, de San Ciprián. Neste evento colabora o Concello de Cervo.  
 
A escola infantil de Cervo tamén celebra o Samaín, neste caso cunha festa que será mañá, venres, día 28, a partir das 17:30 horas no salón de actos da Casa do Mar de San Ciprián.