Pais e Nais

02/09/2024

O Concello de Burela organiza un curso de técnicas de estudo. Esta actividade, dirixida a pais e nais, terá lugar o día 17 de setembro, martes, de 16:00 a 22:00 no salón de conferencias da antiga biblioteca municipal.

A inscrición realizarase na Casa do Concello e no número de teléfono 982.58.60.00 de 9:00 a 14:00 horas.

O Concello de Burela explica que se trata dun curso acreditado polo Grupo Forma-T, de formación integral de empresas, e pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo.