A Delegación de Mocidade do Concello de Mondoñedo organiza o I Concurso de Decoración Noite de Samaín.
Os participantes terán que decorar a fachada da súa casa, ventás, portas ou entradas visibles, coa temática propia do Samaín. Valorarase a fachada máis orixinal e a decoración realizada con materiais de refugallo e deberá permanecer decorada ata o día 1 de novembro.
Poderán participar todos aqueles particulares, propietarios ou inquilinos tanto da zona urbana como rural do concello mindoniense. As solicitudes terán que presentarse nas oficinas do Concello de Mondoñedo, no teléfono 982 524 003 ou na dirección de correo electrónico xuventudemondonedo@gmail.com. Deberán adxuntarse imaxes da decoración ás solicitudes e o prazo para presentalas remata o día 31 de outubro ás 15:00 horas.
O fallo do xurado farase público durante a primeira quincena do mes de novembro e haberá dous premios consistentes nunha visita guiada polos museos do Concello, ademais dun xogo de mesa de temática misteriosa para o primeiro.