Mañón
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 25 de maio un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de Mañón. Aínda que dos detalles das visitas se informará máis polo miúdo, adiántase que serán guiadas e que se visitará Bares, O Barqueiro, as Ribeiras do Sor e as Grañas do Sor.
Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Foz e faría as paradas intermedias necesarias ata Bares. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10h00 ata as 19h00, cunha pausa para o xantar de 14h00 a 16h00.
O prezo da actividade é de 2€ para as/os socias/os e 12€ para as persoas que non o sexan; o bus serían 10€ e o xantar 15€. Para poder organizar axeitadamente esta saída, cómpre anotarse...
leer másA asociación Nordés Faladora organiza este sábado, 21 de xullo, un roteiro desde Bares ata as Grañas do Sor, guiado por expertos e coñecedores do patrimonio da bisbarra, que achegará aos participantes os puntos máis significativos da arte sacra da zona.
O filólogo Bernardo Penabade, a graduada en Conservación e Restauración Clotilde Lemoine, o Arcipreste do Ortegal e párroco de Santa María de Ortigueira F. Javier Martínez, e o párroco do Concello de Mañón e do Vicedo Cristóbal Rivas, xunto veciñas e veciños, achegaranse, ás dez da mañá, á parroquia de Santa María de Vares. Alí falarán da intervención sobre o retablo do século XV presente na igrexa. Sobre ás 11:30 horas visitarán Santa María de Mañón onde contemplarán exemplos da pintura mural galega dos séculos XV e XVI.
O percorrido rematará cara ás 13:00 horas...
leer másEste venres, 15 de xuño, conmemorando o Día Mundial do Medio Ambiente celebrado o 5 de xuño a asociación Nordés organiza a xa tradicional xuntanza entre nenas e nenos do CEIP Francisco López Estrada do Concello de Mañón e CEIP O Vicedo.
A xornada de convivencia terá lugar na área recreativa da Ponte Segade, con actividades de concienciación e de aprendizaxe activo, vertebrado a través do Proxecto Ríos de primavera.
Estará dividida en estacións a cargo de voluntarios e especialistas. Abordarase a análise da augas do río Sor para testar o estado da súa saúde, un dos requisitos do Proxecto Ríos. Ademais farase un roteiro pola ribeira do río seguindo un tramo da ruta de sendeirismo homologada que percorre a beira do Sor. Búscase achegar a riqueza de flora e da fauna, e á vez utilízase este paseo para completar o...
leer másA asociación Nordés Faladora continúa coa segunda parte dun ciclo sobre ecoloxía, alternativas e cooperativismo iniciado en marzo coas Xornadas Forestais, e que agora segue coas Xornadas sobre Agricultura Ecolóxica que celebra este sábado, 4 de novembro.
Estas charlas informativas, abertas ao público en xeral, teñen como fin poñer en contacto proxectos e persoas con inquietudes semellantes, tendo como base en todo momento o desenvolvemento económico da zona a través de alternativas sostibles. Nordés quere proporcionar diferentes opcións que teñan en consideración o valor da nosa terra e da poboación que quere coidala e ademais vivir dela, ben a tempo completo ou como complemento.
Nestas xornadas estará presente Economato Macabeo, un grupo de tendas da Comunidade de Madrid que ofrece todo tipo de produtos...
leer másXa están aquí as IV Xornadas Micolóxicas de Nordés Faladora.
O sábado, 21 de outubro, haberá unha saída ao monte da man do micólogo José Luis Cuba para 25 persoas, dende as 08:00 da mañá ata pasado o mediodía. Por iso recomendan levar non só os útiles mesmos (cesta, navalla) e roupa e calzado axeitado, senón tamén un bocadillo. “Quedaremos ás 08:00 horas nun aparcamento situado pasado o cruce da estrada de Grañas do Sor coa de As Pontes. Se sodes socias ou socios esta actividade é de balde. Se non o sodes, só son 5€ por persoa. Si vos apetece só tedes que chamar ao 653756454 ou enviar un e-mail a asociacon.nordes@gmail.com”, sinalan desde Nordés Faladora.
E engaden que “se non vos interesa tanto recoller, pero si comer, ou as dúas cousas, temos un plan para a noite do sábado:...