Nordés Faladora organiza unha camiñata a carón do río Sor e dúas inspeccións desta conca. A actividade terá lugar o 19 de marzo.

Nordés Faladora organiza unha camiñata a carón do río Sor e dúas inspeccións desta conca. A actividade terá lugar o 19 de marzo.
 
O Sor, vía de auga limpa e vivificadora da nosa bisbarra, será o protagonista da próxima actividade de Nordés. 
 
O Sor, ese pequeno río que pasa por ser dos mellores conservados de Galicia, precisa da participación activa dos seus cohabitantes e amigos e amigas para que non perda ese título a mans da contaminación e polas agresións que as actividades humanas lle supoñen. 
 
Unha desas formas de loitar pola preservación dese o noso querido e amado Sor é manter un control periódico sobre a calidade das súas augas, o cal Nordés, a través da súa participación no Proxecto Ríos, está facendo dende fai uns anos. 
 
Xunto coas medicións que se fan para ese coñecemento da situación das augas, Nordés plantexa nesta ocasión a participación de quen queira nun roteiro polas beiras do río. Deste xeito, para o 19 de marzo, dende as 9 e media da mañá, farase unha camiñata dende a ponte das Ribeiras do Sor ata o Refuxo de Ulló, no que poderemos contemplar, no medio do desastre ecolóxico, económico e social que supón o monopolio eucalíptico, un bosque de ribeira case intacto. 
 
Despois do disfrute que supón para os sentidos o contacto coa natureza entrarase, arredor das 12 e media, ó seu coñecemento en máis profundidade coa axuda dos métodos científicos levados a feito por Antonio Martínez, técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais, co que se completará a primeira inspección do río previstas para o día. 
 
A segunda terá lugar na Ponte Segade sobre as dúas e media da tarde, onde se disfrutará dun xantar colectivo co que cadaquén leve, completando unha xornada de convivencia, intercambio de pareceres e experiencias, e conexión co fermoso e incomparable río Sor. 
 
Para participares e recibir máis información non deixen de chamar a Ricardo ó teléfono: 653756454 ou poñer mesaxe a Nordés: asociacion.nordes@gmail.com"