Xornal

Etiquetas:
10/07/2019

O quinto número de A Gaceta Ribadense, o xornal que se edita con motivo do Ribadeo Indiano, xa está na rúa desde hoxe, mércores.

A sexta edición do Ribadeo Indiano, que se celebra esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14, está dedicada a Cuba. Este país, ao que emigraron naquela época moitas persoas desta zona, tamén ten un gran protagonismo na publicación, que neste quinto número aumentou o número de colaboradores e conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares.

Nesta gaceta inclúese o programa de actos do Ribadeo Indiano e poderán ler artigos de novas firmas (Celia Castro, Carlos Arévalo, Álvaro Doural e Juan Fernández Andina) así como doutras que xa participaron en números anteriores: Antonio Fernández, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivín), María José Fernández Azpeitia, Carmen...

leer más
Etiquetas:
04/07/2018

Xa está na rúa o cuarto número de A Gaceta Ribadense, o xornal ideado e deseñado por Justo García que publica Faro Norte Comunicación con motivo do Ribadeo Indiano. Nesta ocasión foron editados 4.000 exemplares de 32 páxinas, que se reparten gratuitamente nos case 90 establecementos colaboradores, en puntos de venda de prensa e polas rúas da vila ribadense durante o festexo.

Neste número da publicación hai artigos e entrevistas escritos por Antonio Fernández, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivin), María José Fernández Azpeitia, Carmen Cruzado e Beni Mántaras. Ademais inclúense textos sobre o Ribadeo Indiano asinados polo alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo, Francisco...

leer más
Etiquetas:
05/07/2016
Faro Norte Comunicación saca á rúa o segundo número de A Gaceta Ribadense, xornal editdado coincidindo coa celebración do Ribadeo Indiano. A publicación, da que se reparten 4.000 exemplares, ten 24 páxinas.
 
Faro Norte Comunicación saca hoxe á rúa o segundo número de A Gaceta Ribadense, xornal que se edita coincidindo coa celebración do Ribadeo Indiano. 
 
Na editorial desta publicación os seus autores explican que “a festa Ribadeo Indiano chega este ano á súa terceira edición, pero dá a sensación de que xa leva máis porque o seu interese medra rapidamente e son moitos os ribadenses e os veciños doutros lugares que cada vez se involucran máis neste evento. A este mesmo ritmo trepidante tamén crece esta publicación, que pasou das 8 páxinas do primeiro número, o publicado o ano pasado, ás 24 deste, grazas ao importante incremento no número de empresas e negocios que colaboran coa súa publicidade e tamén ao aumento no número de articulistas...
leer más