No Barqueiro, en Mañón, celébrase a XXVIII Festa do Marisco os días 9 e 10 de decembro. Roberto Vilar será o pregoeiro do evento.

No Barqueiro, en Mañón, celébrase a XXVIII Festa do Marisco os días 9 e 10 de decembro. Roberto Vilar será o pregoeiro do evento.
 
A XXVIII Festa do Marisco terá lugar en O Barqueiro, no concello coruñés de Mañón, os días 9 e 10 de decembro. 
 
O programa dará comezo o venres ás 19:00 horas coa misa na carpa, na honra dos pescadores e mariscadores falecidos, cantada polo grupo Escolma de Meus que despois ofrecerá un concerto. Ás 21:00 horas haberá festa amenizada pola Charanga NBA.
 
O sábado ás 12:00 horas terá lugar un pasarrúas a cargo da Banda de Música das Pontes. Ás 13:00 horas celebrarase  o pregón que ofrecerá o humorista, actor e presentador Roberto Vilar. De seguido procederase á apertura ca carpa onde se servirá o xantar composto por marisco variado a un prezo de 15 euros por ración, e con obsequio de prato e vaso de cerámica. A xornada estará amenizada polos grupos Charanga NBA e O Son do Sor. Á noite haberá verbena coa orquestra Dinastía.