Maiores
O Concello de Alfoz celebrará o Xantar da 3ª Idade o 4 de marzo, sábado. Será ás 14:30 horas en Finca Galea e antes, ás 13:00 horas, haberá misa na igrexa de San Pedro.
O Concello explica que “a organización da comida é a mesma que en anos anteriores. As persoas xubiladas de Alfoz, independentemente da súa idade, e as súas parellas (sexan matrimonio ou parella estable) non pagan nada. Considérase acompañante a aquelas persoas (fillos, coidadores, etcétera) que vaian cun xubilado/a que por algún motivo necesite axuda; nese caso tampouco pagaría o menú (a diferenza doutros anos que si o facían). Entregarase un detalle aos participantes de maior idade e tamén ás parellas que cumpran as súas vodas de ouro, non só neste 2023 senón nos anos anteriores en que non se puido celebrar esta comida por mor da pandemia. Haberá misa ás 13:00 horas na...
leer másO vindeiro día 15 de febreiro, mércores, terá lugar un curso sobre psicomotricidade e memoria na terceira idade. Esta actividade levarase a cabo no Edificio Multiusos do Concello de Ourol a partir das 16:00 horas.
“Se queres aprender a mellorar a túa capacidade física e mental, anótate nos teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57. Este curso contará cunha sesión teórica e unha sesión práctica”, explican os promotores desta actividade.
Organiza o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol en colaboración coa Escola Galega de Saúde.
De febreiro a agosto terán lugar os Talleres Creativos no Rural Actívate, que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local a través do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras. Están dirixidos ao colectivo de persoas maiores de Ribadeo. Haberá actividades como ximnasia, risoterapia, pintura, lectura, talleres de modelado ou arxila e xogos de mesa.
O edil de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “o Concello de Ribadeo, a través do obradoiro de emprego Vilas coidadoras, e dentro deste a especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, vai poñer en marcha o programa Actívate para ofrecer ao colectivo de persoas maiores. Vaise levar a cabo desde o mes de febreiro ata o mes de agosto”.
O concelleiro ribadense explicou que “este programa buscará educar, entreter e integrar...
leer másO Concello de Barreiros, desde a área de Educación Familiar do Departamento de Servizos Sociais e en colaboración coa Concellería de Participación e Dinamización Veciñal organiza o programa #BarreirosActivaMente. Este programa atende ás necesidades das persoas maiores para manter unha mente activa, estimulada e entretida.
Barreiros ActivaMente está destinado a persoas maiores de 65 anos, xubiladas maiores de 60 anos ou con discapacidade; que se consideren idóneas para participar nos mesmos.
As actividades levaranse a cabo en 4 lugares do concello e terán unha duración dunha hora semanal e unha taxa única de 10€/ano.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben presentar no Concello de Barreiros o anexo de pre-inscrición que se pode descargar desde a seguinte ligazón...
leer másO Concello de Viveiro organiza unha tarde de festa e convivencia gratuíta para as persoas maiores de 65 anos o próximo domingo 23 de outubro, unha actividade incluída no programa ‘Reconécta-te’.
A festa será no pavillón Antonio Tarrio do IES Vilar Ponte desde as 19:00 horas e inclúe uns pinchos, chocolatada e música en directo. A iniciativa vai dirixida a que os veciños e veciñas maiores de 65 anos pasen unha tarde de diversión, fraternidade e convivencia.
O prazo para inscribirse comeza mañá, venres 14 de outubro, e remata o próximo xoves, 20 de outubro.
Haberá catro puntos de recollida de entradas: no Concello de Viveiro, de luns a venres e de 09:00 a 14:00 horas; no centro sociocultural Casa do Forno de Celeiro, de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas; no centro sociocultural de Covas, de luns a venres de...
leer másO Concello de Burela abre o prazo o vindeiro 12 de setembro para o programa de envellecemento activo destinado a persoas empadroadas de máis de 60 anos. Integrado nas Escolas Deportivas, o curso comezará o luns 19 de setembro e finalizará o mércores 14 de decembro, dando continuidade ao realizado antes do verán polo seu éxito entre os veciños.
As persoas interesadas teñen de prazo máximo ata o 14 de setembro para presentar a ficha de inscrición na actividade, debendo entregala na Casa do Concello en horario de 8 a 15 horas. A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade os usuarios e usuarias que xa participaron no primeiro ciclo do curso.
O programa porase en marcha dúas horas á semana organizadas en dous grupos de 20 persoas como máximo, impartindo as clases o técnico de...
leer másO vindeiro 21 de maio (sábado) terá lugar o Festival da Terceira Idade para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas. Poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.
As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse nas Oficinas Municipais ata o día 18 de maio.
O Concello de Viveiro dálle continuidade ao programa de envellecemento activo, con clases gratuítas de ximnasia de mantemento dende o próximo martes 10 de maio ata o martes 28 de xuño.
As clases terán lugar os martes, de 11:00 a 12:00 horas, no pavillón municipal e impartidas por monitores profesionais.
A primeira fase desta actividade tivo un grande acollida, polo que o programa comezará cos participantes da edición anterior, ao tempo que se abre un novo período de inscricións no que poidan sumarse á actividade máis veciños e veciñas.
As persoas interesadas en participar deben anotarse, facilitando nome e apelidos e un número de teléfono de contacto, chamando ao teléfono 982.55.04.21, sendo requisitos necesarios para participar estar empadroado/a no Concello de Viveiro e ter máis de 65...
leer másContinuando coas actividades programadas dende a Concellaría de Servizos Sociais de Alfoz para as persoas maiores, que o pasado 22 de abril acudiron ao obradoiro "Exercicio e ocio saudable na terceira idade" está previsto que as persoas participantes no Programa ActivaMENTE asistan este mes de maio a dúas novas actividades.
A primeira será a Charla sobre prevención e mellora da seguridade das persoas maiores, que terá lugar o 19 de maio ás 10:30 horas e nela abordaranse cuestións como os roubos, estafas, formas de maltrato, riscos no uso de internet e as novas tecnoloxías, etc. Encádrase no marco do Plan Maior de Seguridade da Secretaría do Estado de Seguridade e realízase en colaboración coa Dirección Xeral da Garda Civil.
A segunda será un Obradoiro de musicoterapia, previsto para o 27 de maio ás 16:30 horas, a...
leer másO Concello de Foz ultima os preparativos para celebrar a xuntanza dos maiores do municipio este sábado, día 26. O prazo para apuntarse remata mañá, mércores.
A concelleira de Servizos Sociais e Familia, Ana Rojo, explica que “o Concello de Foz está a rematar cos preparativos para celebrar o sábado día 26 a comida xuntanza en honra aos nosos maiores. É preciso sinalar que este evento no ano 2020 tívose que cancelar por motivos da pandemia, na previsión de contaxios, evitando así riscos innecesarios na propagación do virus. Despois destes dous anos tan duros de pandemia, sobre todo para a xente maior, agora que estamos todos vacinados da terceira dose e dado a baixa incidencia no noso concello, entendemos que debíamos retomar esta comida, como agradecemento ás persoas maiores do concello, recoñecéndolles a súa valía, polo que aportaron e...
leer más